Acceso á biblioteca

         

Como

acceder

ao noso

catálogo

               

A nosa biblioteca ofrece moitos recursos, que estamos catalogando.

Hai catalogados varios miles de rexistros nos que se inclúen libros de literatura

(poesía, teatro, ensaio, narrativa...), manuais,  libros de consulta,

libros de coñecemento xeral e específico.

Tamén temos  películas, banda deseñada (cómics), revistas, xornais...,

que aínda estamos pasando ao catálogo de Meiga.

 

E seguimos...

 

O noso catálogo está informatizado segundo o programa  MEIGA 

proxecto de informatización e creación de REDES DE BIBLIOTECAS,

dirixido polo Centro Superior Bibliográfico de Galicia, que pertence

á Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da

Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.

 

Preme aquí ou no debuxo para acceder ao noso catálogo

 

  

Para saber se no noso catálogo hai un determinado título ou autor... debes premer arriba (na imaxe ou no enlace)  e localizar a caixa de busca, situada na parte esquerda. Pódese buscar por diversos parámetros.

Se non aparece o que buscas inténtao doutras formas, non sempre os fondos están catalogados con todos os apartados cubertos. 

 

O propio programa MEIGA, ofréceche unha axuda para unha busca máis  eficaz:

Preme aquí