Admisión curso 2023-2024
Normativa relacionada
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
Aplicación admisión alumnado
Toda a información pode consultarse na aplicación admisionalumnado.
Presentación de solicitudes
Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:
Cubrir a solicitude (EDD550B) informáticamente (na aplicación admisionalumnado) e asinala e presentala en Sede Electrónica.
Cubrir a solicitude (EDD550B) informáticamente (na aplicación admisionalumnado) e presentala asinada de xeito manual no centro.
Cubrir a solicitude (EDD550B) manualmente (descargada na aplicación ou solicitada no centro) e presentala asinada presencialmente no centro.
Documentación
- SOLICITUDE ED550B
Nota sobre os membros computables da unidade familiar:
a) As persoas proxenitoras non separadas legalmente nin divorciados ou, de ser o caso, as titoras ou acolledoras do alumnado.
b) Nos casos de separación ou divorcio:
-- Con custodia compartida: a unidade familiar está composta polas persoas proxenitoras e os seus descendente comúns
-- Con custodia exclusiva: a unidade familiar está composta pola persoa proxenitora que teña a custodia exclusiva e os fillos suxeitos a esta custodia e, de ser o caso, polo novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora. Non se inclúe á outra persoa proxenitora do alumnado.
c) Os/as fillos/as menores de idade.
d) Os/as fillos/as maiores de idade con discapacidade que estean incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
e) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos se convivan no domicilio familiar.
- ANEXO BIS II (incluído dentro da solicitude ED550B):
a) Comprobación dos membros computables da unidade familiar (asinada por todos e todas).
b) Consentimento da outra persoa proxenitora: OBRIGATORIO SEMPRE, excepto en caso de familia monoparental (presentando certificado oficial), patria potestade exclusiva do solicitante (presentando sentenza correspondente), poder notarial que permita decisións académicas ao solicitante, declaración responsable da outra persoa proxenitora (en caso de ausencia puntual), desaparición da outra persoa proxenitora (presentando denuncia correspondente).
NOTA IMPORTANTE: en caso de presentación en sede electrónica o anexo Bis II debe descargarse asinarse e achegar escaneado.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
- No caso de separación xudicial ou divorcio, o convenio regulador ou resolución xudicial.
Documentación complementaria (en caso de baremación)
No caso de que haxa que baremar solicitudes, por superar estas o número de vacantes previstas, o centro avisará de dita circunstancia e deberán presentar a documentación xustificativa dos criterios alegados no prazo dende o 21 de marzo ata o 4 de abril, ambos incluídos.
Emendas
Dentro do prazo de presentación de solicitudes e acreditación xustificativa do baremo, o centro poderá requerir a emenda de deficiencias detectadas na solicitude e ou documemtación presentada e concederá un prazo de 5 días hábiles para a súa presentanción.
Renuncias
Para renunciar a unha solicitude de admisión ordinaria anterior (do 1 ao 20 de marzo) terá que presentar unha nova solicitude ED550B en prazo na que terá que cubrir os datos que aparecen no recadro “Supostos específicos”.
Arquivos adxuntos
SOLICITUDE EDD55OB