REQUISITOS:
(a) Ser pai/nai/ ou titor/a legal do alumnado matriculado ou con reserva de matrícula no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou ciclo formativo de grado básico nun centro educativo do Concello de Lalín durante o curso escolar 2023/2024
(b) Todos os membros da unidade de convivencia deberán de figurar empadroados e residir de modo efectivo no Concello de Lalín. As persoas estranxeiras que residan no Concello de Lalín poderán beneficiarse desta prestación, sempre que o/a solicitante se atope en situación administrativa regular e cumpran as condicións da Lei Orgánica 4/2000, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España, tendo ademais que reunir os demais requisitos establecidos nas presentes bases.
(c) Convivir, na unidade familiar, as/os alumnos/as para os que se solicita as axudas.
(d) Ter presentada a solicitude e documentación no prazo establecido.
(e) Non ter pendente de xustificar ningunha subvención e/ou axuda de inclusión social concedida polo Concello de Lalín no exercicio 2022.
(f) Determinadas condicións de renda referidos aos da unidade de convivencia, segundo a declaración de IRPF do último exercicio fiscal (2022).
TIPOLOXÍA DAS AXUDAS:
Financiarase con cargo ao presente programa a adquisición de:
1. Libros de texto.
2. Libros de lectura.
3. Material escolar e/ou complementario (material informático e material funxible, mochilas ....)
4. Vestiario e material deportivo.
5. Calzado en xeral.
LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
As solicitudes de bolsas, xunto coa documentación, presentaranse preferiblemente por vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Lalín:
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no rexistro xeral do Concello de Lalín
PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: DO 11 DE MAIO ATA O 30 DE MAIO AMBOS INCLUSIVE
Máis información en: Concello de Lalín
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Convocatoria BOPPO.pdf | 490.02 KB |
Extracto Bop nº 89 do 10 de maio.pdf | 225.31 KB |
Anexos castelán.doc | 219.5 KB |
Anexos galego.doc | 220.5 KB |