Skip to Content

Concurso literario Vitoria Taboada 2016-17

Gañadores do IV Concurso literario "Mª Vitoria Taboada"



Na categoría de poesía o gañador foi Diego Pereiro González polo conxunto de poemas titulados respectivamente "Chamádeme entolecido", "Son un pianista" e "Tan frío que incluso queima" pola súa pericia á hora de empregar recursos tradicionais de repetición, rimas e xogos de palabras ao servizo da expresión concisa e directa da necesidade da confirmación da propia personalidade.

Na categoría de relato curto resultou gañadora Nova Villar Gallego con "A caixa de música" pola exquisita sensibilidade coa que, a través dunha linguaxe suxestiva e simbólica, reflicte a frustrante incapacidade das persoas para non apreciar en ocasións o valor único dos seres máis achegados.

Nesta categoría de relato curto o xurado considerou outorgar dous accésits:

1º accésit para Roberto Agra Buján polo relato “Lazos de sangue” pola habilidade con que mestura unha orixinal técnica cunha complexa trama narrativa, chea de detalles de ambientación e suspense, que o converten nun logrado exemplo de relato de terror.

2º accésit para Anxo Gil Figueiras polo relato presentado “O prado dos cabalos” pola brillantez con que arremeda o mellor do clasicismo no subxénero de intriga.

 O xurado considerou deixar deserto o premio de sketch teatral.

A finais de maio terá lugar o acto de entrega dos premios na biblioteca do instituto.

Ver os textos gañadores

 



page | by Dr. Radut