PRAZO DE SOLICITUDE: DO 27 DE MARZO DE 2023 ATA O 17 DE MAIO DE 2023
Pódese solicitar bolsa para as seguintes ensinanzas:
1. Ensinanzas postobrigatorias e superiores non universitarias do sistema educativo español e con validez en todo o territorio nacional:
a) Primeiro e segundo cursos de bacharelato.
b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior, incluídos os estudos de formación profesional realizados nos centros docentes militares.
c) Ensinanzas artísticas profesionais.
d) Ensinanzas deportivas.
e) Ensinanzas artísticas superiores.
f) Estudos relixiosos superiores.
g) Estudos de idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade de distancia.
h) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á formación profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas ensinanzas de formación profesional.
i) Ciclos Formativos de Grao Básico.
2. Ensinanzas universitarias do sistema universitario español cursadas en centros españoles e con validez en todo o territorio nacional:
a) Ensinanzas universitarias conducentes a títulos oficiais de grao e de máster, incluídos os estudos de grao e máster cursados nos centros universitarios da Defensa e da Garda Civil, así como os cursados no Centro Universitario de Formación da Policía Nacional, O.A.
b) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas.
c) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de máster e créditos complementarios para a obtención do título de grao. Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.
SOLICITUDES: a solicitude deberá cumprimentarse mediante o formulario accesible por vía telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación no enderezo https://sede.educacion.gob.es/sede/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=1880
MÁIS INFORMACIÓN: https://www.becaseducacion.gob.es
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Anuncio da convocatoria-BOE.pdf | 154.77 KB |
Resolución da convocatoria.pdf | 586 KB |