Entroido 2020

O 21 de febreiro, celebrouse o festival de Entroido no que todos os alumnos se disfrazaron e participaron en distintas actuacións musicais. Houbo diversión e moita alegría como en todas as edicións e, ao remate, terceiro e cuarto de ESO recibiron o premio de ver unha película nun cine da Mariña.

Parabéns a todos pola magnífica participación!

 

 

 

    Máis fotos e vídeos

Distintas actividades

O pasado 13 de febreiro, o alumnado de cuarto de ESO e máis o clube de lectura acudiron a unha charla ao IES Perdouro de Burela, impartida pola profesora da Universidade de Barcelona, María José Masanet. A conferencia titulábase: Series de TV e mitos románticos e a temática tratada foi como se abordan as relacións nas series televisivas; dende o amor romántico ata as relacións con violencia de xénero.

O alumnado participou activamente no debate posterior e valorou positivamente a visita.

 O 14 de febreiro,  os alumnos de  segundo de ESO fixeron unha exposición de poemas e dedicatorias relacionadas con ese día.

Como ocorre a comezos de cada ano, tanto a Real Academia Galega como a Española fan pública a lista das `palabras do ano` que vén de rematar. En segundo de Eso elaboráronse dous murais sobre este feito.

Neste caso, a palabra gañadora para a RAG foi sentidiño, por ser a máis votada. No caso da RAE, as palabras foron: progreso, deporte, acogida...Por ser as máis buscadas ou as máis utilizadas polos falantes.

 

Visita á EDAR de Alfoz e Ferreira do Valadouro

O pasado luns 11 de febreiro, o alumnado de 1º de ESO visitou as instalacións da EDAR, para coñecer o proceso de depuración biolóxica das augas residuais urbanas, antes de ser devoltas ao medio natural. 

 

 

 

 

 

Día Escolar da Paz

O pasado xoves 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Paz elaborando unha receita moi especial; distintos membros da comunidade educativa escolleron un ingrediente para cociñar a Paz. Os máis elixidos foron o respecto e a igualdade. 

 

Viaxe a Santiago de Compostela

O 10 de xaneiro todos os alumnos do centro fixeron unha viaxe a Santiago de Compostela: pola mañá, coñeceron a parte histórica cunha visita guiada e, xa pola tarde, puideron patinar sobre xeo no centro comercial Área Central.

 

Máis fotos e vídeo

 

Clube de Lectura

O pasado 18 de decembro, o clube de lectura do centro realizou unha actividade co Concello de Alfoz, en concreto, cos usuarios do taller de memoria Activamente. Esta consistiu na lectura do coñecido conto de Andersen: El soldadito de plomo, e ao remate da mesma, os rapaces cantaron unha panxoliña. Foi, sen dúbida, unha experiencia interxeracional moi enriquecedora para todos nós.

 

Remate da primeira avaliación

Os últimos días da primeira avaliación tivemos varias actividades para despedir o ano: o xoves 19 de decembro o grupo Chévere puxo en escena a obra 'Fillas Bravas' facendo referencia á forza das mulleres de varias xeracións e o venres 20 celebrouse o festival de Nadal con panxoliñas e outras actuacións musicais.

Voltaremos o mércores 8 de xaneiro, ata daquela, queremos desexarvos unhas felices festas e que disfrutedes destas datas tan especiais!

Ata a volta!

 

 

 

 

 

Cesta de Nadal

Xa se realizou o sorteo da cesta de Nadal donada pola ANPA, a gañadora foi Maricarmen Maseda de Moucide. A directiva encargouse de entregala. Felicidades á afortunada! Grazas á ANPA e a todos por participar!

 

Nadal en Alfoz

No centro xa estamos celebrando o Nadal: o belén foi realizado por todo o alumnado de Relixión con bebibles lácteos, e o árbol ecolóxico foi realizado en titoría polos alumnos de segundo de ESO con materiais reciclados.

 

Viaxe a Ferrol dos alumnos de segundo de ESO

O venres 29 de novembro os alumnos de segundo fixeron unha viaxe a Ferrol, estiveron en Canido disfrutando das Meninas nas fachadas das casas e en moitísimos rincóns do barrio, a continuación fixeron varias actividades deportivas en Parkour Urban Planet Jump de Narón e, tras o xantar, voltaron por Ribadeo para ver unha película no cine. Foi un día completo cheo de emocións.

Máis fotos

Distribuir contido