8M Día Internacional da Muller
Enviado por admin o Xov, 09/03/2023 - 05:46Presentámosvos as actividades para esta semana na que se desenvolverán diferentes actos para celebrar o Día Internacional da Muller.
O alumnado de Educación en Valores fixo unha exposición na biblioteca que podedes ver premendo aquí
O alumnado de Educación Física preparou unha exposición para visibilizar a figura da muller no deporte.
Obradoiro de retrato con David Catá
Enviado por admin o Xov, 09/03/2023 - 05:16O pasado xoves, o artista David Catá visitou novamente o IES Alfoz - Valadouro. Impartiu un obradoiro de teatro para o alumnado de 3º e 4º ESO como paso previo á visita da Exposición MEISEL en A Coruña.
Esta actividade desenvólvese dentro dun proxecto entre a Universidade de A Coruña e o grupo de investigación Arte-facto.
O próximo 17 de abril, o alumnado visitará a exposición e irán acompañados por David Catá
Admisión ESO curso 2023-24: solicitudes do 1 do 20 marzo
Enviado por admin o Xov, 02/03/2023 - 06:06O prazo de presentación de solicitude de admisión comprende entre o día 1 e o 20 de marzo (ambos incluídos).
A solicitude (ED550B galego - ED550B castelán) presentarase preferiblemente por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365. Manual para as familias
O 25 de abril publicarase a través da aplicación informática (admisiónalumnado), a listaxe provisional de alumnado admitido e non admitido por curso, abrindo un prazo de 5 días hábiles para formular reclamacións.
A publicación das listaxes definitivas será o 15 de maio.
O prazo para formalizar a matrícula será do 20 ao 30 de xuño.
Premios Entroido 2023
Enviado por admin o Xov, 02/03/2023 - 05:53
Fíxose entrega dos premios aos gañadores e gañadoras do concurso de Entroido.
Noraboa aos premiados e premiadas e moitas grazas a todos os participantes.
- Categoría individual: Irene Paz Blanco (1º ESO)
- Categoría parella: Inés Martínez (2º ESO) e Paula Expósito (3ºESO)
- Categoría grupo: alumnado de 3º ESO
11 de febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
Enviado por admin o Mar, 14/02/2023 - 08:46O Departamento de Ciencias organizou unha interesante actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Creouse un vídeo conmemorativo no que participan diferentes alumnas do noso centro e colaboran cinco mulleres relacionadas co mundo da Ciencia. No vídeo, estas mulleres dan o seu punto de vista e opinión sobre preguntas formuladas polas alumnas sobre a súa formación e profesión no mundo científico. Moitas grazas a todas as participantes.
Podes ver o vídeo no seguinte enlace
https://drive.google.com/file/d/1PkwCIQL2mwpl7NnszFJunkNmh2_qjf0O/view?usp=sharing
Semana de Entroido
Enviado por admin o Mar, 14/02/2023 - 08:33A semana do 13 ao 17 de febreiro organízanse no centro "Os mandados do Meco". Ao longo da semana a nosa Meco Monchiña dirá un mandado para cada día.
O venres 17 de febreiro a partir das 11 horas temos organizadas diferentes actividades para festexar a chegada de Don Carnal.
Conferencia "Rubia Gallega"
Enviado por admin o Mar, 14/02/2023 - 08:27O pasado 3 de febreiro, o alumnado do IES Alfoz - Valadouro recibiu unha conferencia sobre a "Rubia Gallega". A charla celebrouse co motivo da IV Feira das Razas Autóctonas da Mariña, organizada polo Concello de O Valadouro. A conferencia foi impartida por unha veterinaria da asociación ACRUGA e a actividade foi organizada en colaboración co Concello de O Valadouro.
Palestra-Obradoiro "Depuración naturais de augas residuais, construíndo humidais"
Enviado por admin o Lun, 13/02/2023 - 08:47O pasado 17 de xaneiro o alumnado de 1º ESO recibiu unha interesante palestra-obradoiro sobre a depuración de augas de xeito natural.
A actividade estivo organizada pola UDC, en colaboración coa Fundación Alcoa e enmárcase dentro do proxecto "Educando para a sustentabilidade: A Mariña ambiental"
Admisión alumnado de centros adscritos
Enviado por admin o Mar, 17/01/2023 - 06:02O período de reserva de praza en centros adscritos está aberto ata o día 6 de febreiro.
Normativa admisión: ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
Talleres de educación emocional
Enviado por admin o Mér, 11/01/2023 - 06:43Ao longo das vindeiras semanas van a realizarse uns talleres de educación emocional para todo o alumnado do centro. Serán impartidos por Cristina Gonález (AlasRaíces), traballadora Social.
Organiza o Concello de Alfoz.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »