Teatro : A Tartaruga de Darwin

O alumnado de 1º Bach. asistiu no IES á magnífica representación da obra de teatro A tartaruga de Darwin interpretada pola compañía da escola municipal de teatro.

O acto estivo organizado polo departamento de Xeografía e Historia, pois esta é unha obra moi axeitada para tempos de auxe dos fascismos e de (des)memoria histórica.