Skip to Content

O GLOBO DO RAÍCES

Neste curso temos a sorte de contar no noso claustro có profesor Jesús Ares Pita, artífice da botadura do globo de Betanzos nestes derradeiros anos, nunha tradición familiar que se remonta varias décadas atrás.  O pasado luns 10 de xuño, en colaboración cós seus alumnos de 3º ESO e despois de rematar a elaboración dun globo de dimensións considerables, trasladou a tradición betanceira a o noso centro e tivo lugar a botadura do "Globo do Raíces".  Nunhas condicións meteorolóxicas idóneas e despois de adoptar as medidas de seguridade oportunas, disfrutamos dunha imaxe inédita na que, o globo, permaneceu por máis de 15 minutos no aire para deleite dos presentes.  Grazas a Jesús Ares e os seus alumnos por unha estampa tan fermosa.

 

AdxuntoTamaño
IMG_20190610_085805_644 (1).jpg1.96 MB


page | by Dr. Radut