AVISO EN RELACIÓN COA CAFETERÍA ESCOLAR PARA O INICIO DO CURSO
Informamos a toda a comunidade educativa que, por motivos administrativos relacionados cos prazos da adxudicación da cafetería escolar para o novo curso, esta permanecerá pechada ata novo aviso. Por iso, é conveniente que o alumnado, ata a reapertura da cafetería, traia a comida e bebida que considere necesaria para os períodos de lecer.
Grazas e desculpen as molestias.