Skip to Content

AXENDA DE ACTOS DO FIN DE CURSO

Axenda de actos académicos/culturáis do fin de curso.

-15 de xuño: Acto de Gradación dos alumnos de 2º Bacharelato e do CAE (Ciclo Auxiliar de Enfermería), ás 19:00 h no Auditorio Baldomero Cores na Casa da Cultura de Cee. No acto, ademais de entregar os correspondentes diplomas aos alumnos que rematan os seus estudos no centro, teremos diferentes proxeccións audivisuales producidas polo propio alumnado, actuacións musicais en directo por parte dos propios alumnos, tanto de música pop como de música tradicional, actuacións de baile, etc.

  -21 de xuño: Recital de fin de curso cun breve concerto do alumnado de Música de 4º ESO e a actuación estelar do xograr contemporáneo Crispin de Olot, na que poderemos gozar, entre outras cousas, da interpretación de pezas musicais con instrumentos medievais e renacentistas.

  -26 de xuño: Acto de Entrega de Premios aos Mellores Expedientes e a Entrega de Premios do Concurso Lóxico-Matemático, coa presenza dalgún dos patrocinadores e a entrega de premios aos alumnos correspondentes. Tamén contaremos con algunha actuación musical.



page | by Dr. Radut