Skip to Content

Novas materias do Departamento de Educación Física para o Curso 2018/19

O Departamento de Educación Física ofertará dúas materias novas o vindeiro curso 2018/19. Estas materias son:

  • HÁBITOS DE VIDA SAUDABLE: ofertarase en 1º BACH e ten unha carga horaria de 1h. Nesta materia analizamos os hábitos cotidianos que favorecen a saúde, ben sexan relacionados coa práctica de exercicio físico, ou ben coa alimentación e o descanso.
  • Intro CAFIDE: Introducción ás Ciencias da Actividade Física e o Deporte, para 2º BACH e cunha carga horaria semanal de 1h. Está orientada ao alumnado que teña intención de acceder aos estudios de grao en CC Actividade Física e o Deporte, e para o que queira facer o Ciclo Superior de Técnico en Animación de Actividades Físicas e Deportivas (TSAAFD). Nesta materia faise unha introducción aos contidos relacionados con esta rama profesional.


book | by Dr. Radut