INFORMACIÓN IMPORTANTE

Enviado por admin o Mar, 03/17/2020 - 10:57

Ola a tod@s:

Durante a suspensión das clases presenciais, teredes información de contidos e tarefas nos seguintes espazos:

  • no espazo Abalar,
  • nas aulas virtuais (1ºA , 1ºB, 1ºE e 1ºF de Bacharelato e todos os 2º de Bacharelato). Os grupos que dispoñan de aulas virtuais, principalmente 1º e 2º Bach, terán que ir entregando as distintas tarefas encomendadas dentro do prazo marcado. É moi importante que intentedes seguir unha rutina de traballo, para poder voltar as aulas co menor dano posible.
  • na páxina web da profesora Ángeles Conde. (2º ESO, 4º ESO, 1º BAC C e 1º BAC D). Nesta páxina atoparedes as tarefas (organizadas en sesións de traballo) que deberedes facer estes días. Cómpre que anotedes as actividades realizadas nun dossier que se entregará á profesora cando se reanuden as clases. Tedes información máis detallada na propia web.
  • en 3º ESO, aquí:

Recomendamos tamén visitar a páxina de Oxford University Press para máis actividades.

 

Irá saíndo mais información puntual a medida que a situación o requira.

Moito ánimo a tod@s!!!!!!

 

( categories: )