Mediante un contrato-programa, botamos a andar un novo proxecto no IESP A Cachada, MUNDIAPICULA. Parte do EDL e é multidisciplinar, procurando a implicación dunha gran parte da comunidade escolar e a inclusión das familias nas actividades que se desenvolvan. Ten como principal obxectivo a consecución das competencias clave, así como pasalo ben e seguir fomentando o bo clima de traballo e de relacións que temos no noso centro.
Como ben di o título, é un proxecto que xira en torno ás abellas e ó mel, abranguendo todos os aspectos relacionados con este mundo e tratado dende as diferentes materias.