Skip to Content

Inclusión, Innovación, Creatividade

 

Temos unha longa tradición no traballo en proxectos orientados á renovación pedagóxica e á integración de contidos baixo unha perspectiva STE(A)M. Deste enfoque dan conta os recoñecementos que levamos nas áreas de innovación lingüística (premios Proxecta), científico-técnica (premios en Robótica, canguros e olimpíadas matemáticas), artística (premios audiovisuais), didáctica (premio Innovagal 22 e EducaCompostela 22), e a nosa participación en proxectos comunitarios (festival de cine Olloboi, Espazo-Familias, colaboración anual co Centro de Día).

Forma parte da nosa filosofía intercambiar coñecemento e achegármonos a outras prácticas educativas: participamos en dinámicas de plurilingüismo (accedemos en varias ocasións ó plan PIALE), fixemos job-shadowing de prácticas innovadoras a través dun Erasmus KA101 ("Profesorado competente desde a perspectiva STEM", coordinado polo CAFI, no que analizamos aulas de Italia, Bruxelas, Finlandia e Irlanda, e de resultas de cuxo traballo obtivemos un selo de calidade na European Schoolnet-); coordinamos un Erasmus KA102 baseado no activismo climático desde a investigación e comunicación científica (“Green new school”).



page | by Dr. Radut