Skip to Content

Acceso a redes sociais

       

Participación do centro

Resultado de imaxes para erasmusO noso centro aposta por engadir ós nosos proxectos unha dimensión europea, e por iso participou (ver pestaña Tell me about famous people in your country) e participa en proxectos de mobilidade como os Erasmus+.

Na actualidade, estamos inmersos no KA1 "Profesorado competente desde a perspectiva STEM", un Erasmus coordinado desde o CAFI cuxo obxectivo é pescudar que se está facendo en STEM noutros países (Hawaii, Bélxica, Finlandia e Italia), explorando liñas xerais de interese e exemplos prácticos a través da observación de aulas. A finalidade deste Erasmus é compartir experiencias e boas prácticas, extrapolando ideas ó noso contexto galego. Froito das investigacións levadas a cabo, elaboraremos unha guía de boas prácticas e unha escolma de recursos de aula para compartir con outros centros que desexen iniciarse en STEM.

 



page | by Dr. Radut