Skip to Content

Acceso a redes sociais

       

Club de ciencia - A Casiña dos Maios

Neste curso 2017/18 botamos a andar un Club de Ciencia, e nel construímos un módulo bioclimático co que pretendemos demostrar que as condicións de salubridade e habitabilidade de vivendas edificadas baixo criterios de bioconstrución son mellores que as executadas con materiais convencionais.

As pinturas plásticas, vernices, cementos, etc. afectan á nosa saúde máis do que pensamos, e fan que non haxa un bo regulamento térmico: casas quentes no verán e frías no inverno. 

Baixo a dirección do bioconstrutor alemán Guido Tomasini, neste curso levantamos a obra. Comezamos cunha charla nunha vivenda que el estaba rehabilitando, e fixemos este vídeo explicativo; desois recibimos a dous arquitectos da Asociación Espiga, que nos axudaron a comprender os conceptos claves da Bioconstrución. Traballamos o vocabulario básico nas materias de Tecnoloxía e Galego, e mesmo repasamos a historia das vivendas máis primitivas que se coñecen en Galicia (Castros). Despois, todo o alumnado de 3º púxose a crear unha maqueta da súa ecovivenda de inspiración celta, e o grupo do Club de Ciencia construiu propiamente a Casiña dos Maios. 

Imos deixarvos aquí o álbum de fotos (preme na que ves e entrarás no Flickr) e memoria técnica do traballo. Estamos moi orgullos@s!!

 

A Casiña dos Maios

 

 



page | by Dr. Radut