Skip to Content

Acceso a redes sociais

       

Letras Galegas 2016

A semana que vén celébranse as Letras Galegas, que este ano se lle dedican ó escritor Manuer María, poeta e home comprometido profundamente coa lingua e a cultura do noso país.

Para conmemoralas, o Equipo de Dinamización de Lingua galega, coa colaboración doutros Departamentos Didácticos do noso instituto estamos organizando diversas actividades que contribúan a un maior coñecemento da vida e obra deste insigne poeta.

Entre estas actividades están:

  • Visita á Casa-Museo de M. María en Outeiro de Rei, que se complementará cun percorrido pola cidade de Lugo e o Centro de Interpretación da Muralla (4º ESO)
  • Exposición "Deconstruíndo cultura", conxunto de retratos artísticos e literarios elaborados coa colaboración da xente do Obradoiro de Fotografía en Curso e a artista Susana Diz
  • Teatro: a obra que se representará ("Ensaiade, ensaiade,  maldit@s") é froito do obradoiro de teatro que se desenvolveu os martes ó longo deste curso, obradoiro que conta coa participación de 18alumnos e alumnas e que está dirixido por Tero Rodríguez.
  • STARgal: mostra dos produtos elaborados ó longo do curso no STARcach (Seminario transversal de audiovisual e robótica). Un exemplo de que as novas tecnoloxías e o galego poden e deben ir da man na sociedade moderna que queremos construír.

 



blog | by Dr. Radut