Skip to Content

Dinamización TIC

Composición do equipo de dinamización TIC:

  • Germán Santos Galiñanes.

Coordinador do Proxecto Edixgal.

Profesor de Bioloxía e Xeoloxía.

  • Pilar González Novo.

Profesora de Tecnoloxía.

  • Cristóbal Álvarez Cervino.

Profesor de Tecnoloxía. 

 

Proxectos nos que participamos:

 

 

Dentro do Proxecto de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), no itinerario que dedicamos ao desenvolvemento da competencia TIC, empezamos coa formación eDixgal, fundamental para a implantación, no noso centro, dos libros de textos dixitais.  Na primeira sesión de formación puidemos achegarnos aos procedementos básicos de xestión da aula dos novos computadores eDixgal.

    

 

Do mesmo xeito que cursos pasados, desde a dinamización TIC, estamos a desenvolver unha acción formativa en 1º e 2º de ESO para que os alumnos poidan xestionar correctamente a súa conta no dominio iesabasella.org, e utilicen o computador edixgal que teñen asignado desde hai unha semana.

   En definitiva, introducímolos no longo camiño da aprendizaxe do uso correcto das novas tecnoloxías, incorporando os libros de textos dixitais.

   Dentro do Proxecto de Formación Permanente do Profesorado (PFPP), no itinerario que dedicamos ao desenvolvemento da competencia TIC, empezamos coa formación eDixgal, fundamental para a implantación, no noso centro, dos libros de textos dixitais.  Na primeira sesión de formación puidemos achegarnos aos procedementos básicos de xestión da aula dos novos computadores eDixgal.

     Ante a gran demanda, a formación foi impartida pola totalidade de profesores especialistas que forman o grupo TIC do centro.

 

   Do mesmo xeito que o curso pasado, desde a dinamización TIC, estamos a desenvolver unha acción formativa en 1º e 2º de ESO para que os alumnos poidan xestionar correctamente a súa conta no dominio iesabasella.org, e utilicen o computador edixgal que teñen asignado desde hai unha semana.

   En definitiva, introducímolos no longo camiño da aprendizaxe do uso correcto das novas tecnoloxías, incorporando como novidade este curso os libros de textos dixitais.

 

Este curso 2018-19 o  IES a Basella formará parte do proxecto E-Dixgal da Xunta de Galicia. O alumnado de 1º ESO comezará esta nova etapa na que traballaremos sen libros e utilizaremos o entorno dixital de aprendizaxe (EVA) para traballar e aprender dun xeito diferente. Tanto o alumnado como o profesorado agardamos coan ilusión esta nova andaina chea de innovación e motivación.

 

ed

 

Estade atentos ás novidades nesta páxina web

Animámosvos a participar no noso "Pasapalabra" programado en Scratch, a ver cantas preguntas acertas sobre as mulleres que tiveron un papel relevante en disciplinas STEM. Antes, buscade todas as respostas no corredor que conduce ata a aula de Tecnoloxía na exposición sobre mulleres STEM (Science Technology Engeneering Mathematics) feita polos alumnos de 4º ESO TIC e traducida ao inglés polos alumnos de 1º de Bacharelato.
 
 
Temos unha pequena axuda no instituo, pasa pola exposición de mulleres STEM feita polos alumnos de TIC de 4º de ESO e traducida ao inglés polos alumnos de 1º de Bacharelato...

  Ou se o prefires consulta as fichas das mulleres STEM, están dispoñibles en galego e en inglés. Preme aquí

 

 

Comezou o novo curso e, desde a coordinación TIC, estamos a desenvolver unha acción formativa en 1º e 2º de ESO para que os alumnos poidan xestionar correctamente a súa nova conta no dominio iesabasella.org. Con esa conta van poder facer moitas cousas: compartir documentos cos seus compañeiros e profesores, facer presentacións, subir vídeos e un longo etcétera.

En definitiva, introducímolos no longo camiño do aprendizaxe do uso correcto das novas tecnoloxías.

 

Entre outras cousas, practicamos procuras na rede. Atréveste a atopar na rede as respostas a estas preguntas?

  1. En que país existe unha catedral de sal? Que altura ten a praza onde se encontra?

  2. Que nacionalidades tivo Albert Einstein ao longo da súa vida?

  3. Tradicionalmente considerábase a Graham Bell o inventor do teléfono. Pero, a quen se lle atribúe na actualidade a invención deste aparato?

  4. En que provincia española está Cenizate? Cantos habitantes ten, aproximadamente?

  5. Que siginifica a expresión “duelos y quebrantos” e en que famosa novela aparece no seu primeiro paragráfo?

  6. Nome completo do enxeñeiro mecánico escocés inventor da máquina de vapor.

  7. Lugar de nacemento do industrial estadounidense que introduciu na súa fábrica a técnica da “cadea de montaxe”, axudando á expansión da industria norteamericana.

  8. Lugar de nacemento do enxeñeiro e inventor español, fundador das escolas de enxeñeiros de Madrid e San Petersburgo (Rusia)

  9. Lugar de nacemento do atleta medalla de bronce nos 1.500 metros, nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles?

Sabes as respostas? Agora eles si

 

Benvidos ao curso 2014-15.

Como sabedes, o ano pasado o noso centro participou no proxecto "Mocidade on line" desenvolvido polo Valedor do Pobo xunto coa Consellería de Educación, a USC e Amtega que pretende estudar os hábitos no uso das novas tecnoloxías que ten a xuventude galega e os riscos que corren no seu uso.

Presentámosvos, na seguinte imaxe, a ligazón aos datos obtidos para os alumnos do noso centro.

Mocidade

 Ademáis, podedes comparalos cos resultados globais da comunidade galega

 

Desde Dinamización TIC do IES A Basella presentamos un vídeo que consideramos interesante e que completa a charla "Os perigos das novas tecnoloxías" organizada polo departamento de Orientación e enmarcada dentro do "Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar"

Dita charla foi impartida no noso centro o pasado 23 de abril por un dos responsables do equipo de investigación tecnolóxica da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, José Torres Meira.

Se tedes fillos, ou traballades con nenos e/ou adolescentes, non podedes deixar de velo, xa que aborda este delicado tema con moita obxectividade. Trata o asunto desde un enfoque moi positivo, sen esquecer os perigos que, por suposto, entraña. Tal e como di Luis García Campos, psicólogo e orientador educativo, “é algo que nos toca vivir e non podemos mirar para outro lado senón que temos que acompañar os nosos fillos e alumnos, aínda que nos custe un certo esforzo”.

Son algo máis de veinte minutos, pero merecen a pena.

 

 

 

Adolescentes y Redes Sociales from Roberto Monseco Montes on Vimeo.

NOTA: “Adolescentes y redes sociales” é una producción de Lynx video para CEAPA.

Distribuir contido


by Dr. Radut