Skip to Content

Taboleiro

Estimadas familias:

Desde o IES A Basella queremos darlles a benvida ao novo curso escolar. Un curso que traerá novas oportunidades de seguir medrando como persoas e compartindo soños e proxectos. Un curso que nos ofrecerá momentos de estudo e de preparación para construír entre todos un mundo mellor.

Tanto aos que se incorporan ao Centro por primeira vez, como aos que continuan de cursos anteriores: tedes a nosa cordial e afectuosa benvida.

O Equipo docente

Distribuir contido


by Dr. Radut