Skip to Content
 

Do 1 ao 20 de marzo podedes facer a reserva de praza para o próximo curso

 Ademais podedes consultar:

 

Desde esta páxina queremos felicitar ao noso alumno, Manuel Paz Núñez de 4º de ESO, por terminar o programa do Estalmat- Pi na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago (USC).

Estalmat Pi é un programa anual que se lle ofrece ao alumnado que remata os dous primeiros cursos de ESTALMAT-Galicia (Programa para o ESTímulo do TALento MATemático) para que non perda o contacto e a afección polas matemáticas.

 

Os 25 alumnos da promoción 2015 e as súas familias participaron na despedida de Estalmat Pi-Galicia, un acto no que Elena Vázquez Cendón, Decana da Facultade de Matemáticas da USC, ofreceu unha charla sobre a actualidade das matemáticas. Os mozos recibiron os seus diplomas.

Moitos parabéns, Manuel. Segue progresando con toda a ilusión no fascinante mundo das matemáticas.

 

O mes de febreiro foi intenso, recibimos a catro científicas que nos animaron a descubrir distintos campos da ciencia e a tecnoloxia. Aquí tedes un pequeno resumo

 

Desde a biblioteca do centro quixeron facer unha homenaxe a Rosalía de Castro con moito agarimo no 181 aniversario da súa morte. Alumnas, profesoras e persoal de servizos leron “Tecín soia a miña teia” gravando un emotivo vídeo.
 
Pódelo ver premendo na seguinte imaxe:
 
rosalia warhol

 

Nota : imaxe do IES de Breamo

Hoxe, 20 de febreiro de 2018, tivo lugar no noso centro unha charla do defensor dos Dereitos Humanos de Colombia Gustavo Pedraza á que asistiu o alumnado de 1º de Bacharelato. Gustavo está amenazado por esixir en diferentes foros que se investigue o asasinato do seu irmán Carlos Alberto Pedraza. Carlos era un líder social que traballaba na defensa dos Dereitos Humanos, investigaba os crímenes de lesa humanidade cometidos por axentes do Estado e loitaba por implantar modelos económicos respetuosos coas comunidades locales e o medio ambiente. Como defenso r dos Dereitos Humanos está acollido polo Programa de Protección temporal de Defensores de Dereitos Humanos de Amnistía Internaciona

Se queredes ver tódalas fotos premede aquí

Unha representación de alumnos de 4º de ESO e 1º de bacharelato do noso centro, participou na IX Olimpíada de Xeoloxía que se celebrou, o día 7 de febreiro, na escola de minas en Vigo. Sergio di Natale obtivo o accesit como mellor alumno de 4 ESO. Moitos parabéns a todos.

 .

Non puidemos ter mellor comezo do noso ciclo de conferencias , aprendemos moito de bioloxía mariña e da representación que fan as películas dos grandes animais mariños como as luras xigantes, os megalodones, os cachalotes e as baleas, grazas a Lara García e Luisa Martínez do CSIC co súa conferencia "Criaturas mariñas, do océano á pantalla". Moitas grazas por vir.

 

Despois da charla, dun xeito interactivo, puidemos comprobar o tamaño real que teñen as luras xigantes e ver larvas de polbo e unha mandíbula de lura xigante. Todo interesantísimo.

 

 

Se queredes ver algunhas fotos pulsade aqui e se queredes máis detalles desta actividade pasade polo blog bibliobasella, temos vídeos...

Ademais, a prensa local fíxose eco da nosa actividade:

Presentámosvos o ciclo de conferencias que se vai a desenvolver no noso centro con motivo do "Día internacional da muller e a nena na ciencia"

 

Este ano no  insti tivemos a sorte de que nos viñese visitar o Apalpador. Conta a lenda que este mítico xigante, de profesión carboeiro, baixaba todos os nadais das montañas de Lugo para comprobar se os nenos estaban ben alimentados. Palpáballes a barriga e deixaba castañas quentes. O noso apalpador (grazas, Agustín) deixou na Basella moitos doces e larpeiradas, para ledicia dos nosos nenos e nenas. Velaiquí ao Apalpador e á súa irmá Maruxa, que veu a botarlle unha man.

 

Despois da visita do apalpador, os grupos da ESO participaron no concurso de decoración de portas das aulas: "Abre a porta ao Nadal", facendo deseños tan bonitos como estes. 

 

Se queres velas todas preme aquí

Ademais, como cada ano, o comité de solidariedade terminou a recollida de alimentos para as persoas máis necesitadas que realiza por estas datas.
 

Achégase o Nadal, os adornos, a árbore e a cea están case listos, só faltan os bos desexos para ti e os teus. Desde o IES A Basella desexamos a toda a Comunidade Educativa unhas felices festas con este programa en Scratch feito pola alumna de 2º de ESO, Douaa Ammari, na asignatura de Tecnoloxía.

 

 Para ver outras postais dixitais doutros alumnos podedes entrar aquí

 

Distribuir contido


by Dr. Radut