Entrega de cestas sorteo proviaxe Berlín 2018

O 22 de decembro fíxose entrega das cestas de Nadal que se sortearon para recadar cartos para a viaxe didáctica a Berlín e o campamento de inmersión lingüística de Inglés. Os boletos gañadores foron aqueles cuxos números coincidiron coas catro últimas cifras do sorteo da once do 21 de decembro. O alumno que vendeu un destes boletos foi Aarón Gato Rodríguez de 1º Bacharelato B. O outro boleto non foi vendido, polo que ao quedar deserto o premio, a cesta foi doada á Cruz Vermella de Ourense. Nas fotografías a vicedirectora do noso IES é unha das profesoras que participan nestas actividades fan entregan das cestas aos afortunados.