Saída didáctica do Departamento de Electricidade

O pasado día 30 de maio, e como cada curso, o departamento de electricidade xunto cos seus alumnos fixemos unha saída didáctica (fomos de excursión) para ver a central térmica de As Pontes de García Rodríguez (A Coruña) e como nos sobrou un algo de tempo acercámonos a contemplar e gozar desa marabilla que temos na costa norte que é a praia das Catedrais.

A visita a central foi altamente instrutiva e cumpriu as nosas expectativas, a única pega foi a prohibición de facer fotos por mor da espionaxe industrial, así que só fixemos a foto de grupo diante da entrada.

Na praia fixemos unha chea de fotos e para non lle poñer os dentes longos a ninguén só axuntamos un par delas.

 

Paramos a xantar en Burela, onde inda se pode xantar ben e por un prezo razoable e dende a capital do bonito retornamos á base.