ACTIVIDADES DEPORTIVAS- MARTES DEPORTIVO CURSO 2015/16

Un curso máis disputouse o campionato interno de FÚTBOL SALA  dentro da campaña “MARTES DEPORTIVO” como actividade deportiva extraescolar que se desenvolve os martes entre as 16:00 e as 17:40 horas.

            Inscribíronse 5 equipos masculinos, femininos e mixtos. A primeira fase xogouse polo sistema de liga a dobre volta. Posteriormente os 4 primeiros clasificados xogaron as semifinais (1º contra 4º e 2º contra 3º).      

            O martes día 2 de febreiro, despois dunha igualada fase de liguilla, disputáronse os partidos para o 3º e 4º posto e a GRAN FINAL.

            O 3º posto logrouno “XIGANTES” ao impoñerse claramente a “EQUIPAZO F.C.”

            Á final chegaron os equipos “OS CABACEPAS U.D.” e “H D P”. Pronto conseguiron vantaxe no marcador os primeiros, que presumían dun triunfo fácil. Pero no segundo tempo, reaccionou “H D P” logrando poñense a só dous goles de desvantaxe, con moito tempo por diante. Con todo, los “CABACEPAS” acabaron impoñendo a súa calidade futbolística e gañaron 8-5.

            Destacar tamén que a máxima goleadora feminina da competición foi PAULA PEREIRO con 11 goles e o masculino JONATHAN AMADO con 36 goles.

 

            Os próximos campionatos serán de PALAS/TENIS e BÁDMINTON. Seguiremos informando.

Podedes ver as fotos dos equipos no noso facebook