Esquema de tema

  • Xeral

    TEMARIO QUÍMICA_ 2º BACH. CURSO (2013-2014)
    • CRITERIOS XERAIS DE AVALIACIÓN DO EXAME DE QUÍMICA SELECTIVIDADE
    • As respostas deben axustarse ao enunciado da pregunta.
    • Terase en conta a claridade da exposición dos conceptos, procesos, os pasos seguidos, as hipóteses, a orde lóxica e a utilización adecuada da linguaxe química.
    • Os erros graves de concepto levarán a anular o apartado correspondente.
    • Os parágrafos/apartados que esixen a solución dun apartado anterior cualificaranse independentemente do resultado do devandito apartado.
    • Cando a resposta deba ser razoada ou xustificada, non facelo supoñerá unha puntuación de cero no apartado correspondente. Un resultado erróneo pero cun razoamento correcto valorarase.
    • Unha formulación incorrecta ou a igualación incorrecta dunha ecuación química puntuará como máximo o 25% da nota do apartado.
    • Nun problema numérico a resposta correcta, sen razoamento ou xustificación, pode ser valorada cun 0 se o corrector/a non é capaz de ver de onde saíu o devandito resultado.
    • Os erros nas unidades ou non poñelas descontará un 25% da nota do apartado.
    • Un erro no cálculo considerarase leve e descontarase o 25% da nota do apartado, agás que os resultados carezan de lóxica e o alumnado non faga unha discusión acerca da falsidade do devandito resultado.
  • Tema 1

     

    BLOQUE 1. CALCULOS NUMÉRICOS ELEMENTAIS EN QUÍMICA

    • Substancias químicas. Masa atómica, masa molecular, mol.
    • Composición centesimal dun composto. Determinación da fórmula dun composto por análise elemental. Determinación de fórmulas empíricas e moleculares.
    • Mesturas homoxéneas: mesturas de gases e disolucións líquidas. Formas de expresar a concentración das disolucións: porcentaxe en peso e volume, masa/volume, molaridade, molalidade, fracción molar.
    • Comportamento dos gases en condicións ideais. Ecuación de estado. Lei de Dalton das presións parciais. Determinación da masa molecular dun gas a partir dos valores de magnitudes relacionadas coa ecuación de estado.
    • Reacción química. Ecuación química. Cálculos estequiométricos: reactivo limitante e reactivo en exceso, reaccións nas que participan gases e/ou substancias en disolución, reactivos cun determinado grao de pureza, rendemento dunha reacción.
  • Tema 2

    BLOQUE 2. ESTRUTURA ATÓMICA E CLASIFICACIÓN PERIÓDICA DOS ELEMENTOS

    • Orixes da teoría cuántica. Hipótese de Planck. Efecto fotoeléctrico. Espectros atómicos.
    • Modelo atómico de Bohr e as súas limitacións.
    • Introdución á mecánica cuántica. Hipótese de De Broglie. Principio de Heisenberg. Mecánica ondulatoria.
    • Orbitais atómicos. Números cuánticos. Configuracións electrónicas.
    • Sistema periódico: clasificación periódica dos elementos. Variación periódica das propiedades dos elementos.  
  • Tema 3

    BLOQUE 3. ENLACE QUÍMICO E PROPIEDADES DAS SUBSTANCIAS

    • Concepto de enlace en relación coa estabilidade enerxética dos átomos enlazados.
    • Enlace iónico. Concepto de enerxía de rede. Ciclo de Born-Haber. Propiedades das substancias iónicas.
    • Enlace covalente. Parámetros moleculares. Modelos de enlace covalente. Enlaces simples e enlaces múltiples. Propiedades das substancias covalentes.
    • Enlace metálico. Modelos que explican o enlace metálico. Propiedades dos metais.
    • Forzas intermoleculares
  • Tema 4

    BLOQUE 4. TERMOQUÍMICA

    • Introdución á termodinámica. Sistemas termodinámicos. Variables termodinámicas.
    • Primeiro principio da termodinámica.
    • Concepto de entalpía.
    • Entalpía de reacción. Entalpía de formación. Entalpía de enlace. Cálculo de entalpías de reacción a partir das entalpías de formación e das entalpías de enlace.
    • Lei de Hess.
    • Segundo principio da termodinámica. Concepto de entropía. Entropía e desorde.
    • Enerxía libre e espontaneidade das reaccións químicas.
  • Tema 5

    BLOQUE  5. O EQUILIBRIO QUÍMICO

    • Concepto de equilibrio químico. Características.
    • Cociente de reacción e constante de equilibrio.
    • Formas de expresar a constante de equilibrio: Kc e Kp. Relacións entre as constantes de equilibrio.
    • Grao de disociación.
    • Termodinámica e equilibrio: relación entre Kp e DG.
    • Factores que modifican o estado de equilibrio: principio de Le Chatelier. Importancia en procesos industriais.
    • Equilibrios heteroxéneos sólido-líquido. Equilibrio de solubilidade. Solubilidade e produto de solubilidade. Factores que afectan á solubilidade
  • Tema 6

    BLOQUE 6. ÁCIDOS E BASES

    • Concepto de ácido-base segundo as teorías de Arrhenius e Brönsted-Lowry. As reaccións de transferencia de protóns.
    • Concepto de pares ácido-base conxugados.
    • Fortaleza relativa dos ácidos e bases e grao de ionización.
    • Equilibrio iónico da auga. Concepto de pH.
    • Volumetrías de neutralización ácido-base. Indicadores ácido-base.
    • Estudo cualitativo da hidrólise.
    • A importancia do pH na vida cotiá. Estudo cualitativo das disolucións reguladoras.
  • Tema 7

    BLOQUE 7. REDOX

    • Concepto de oxidación e redución. Número de oxidación. Oxidantes e redutores.
    • Axuste de reaccións químicas polo método do ión-electrón. Estequiometría das reaccións redox.
    • Estudo da célula galvánica. Tipos de eléctrodos. Potencial de eléctrodo. Escala normal de potenciais. Potencial dunha pila.
    • Relación entre Eº e DG. Espontaneidade dos procesos redox.
    • Electrólise: estudo da cuba electrolítica. Leis de Faraday. Principais aplicacións industriais.
  • Tema 8

    BLOQUE 8. QUÍMICA DO CARBONO

    • Nomenclatura e formulación das principais funcións orgánicas.
    • Enlace nos compostos orgánicos. Diferentes tipos de isomería.
    • Polímeros de interese actual: estrutura xeral e tipos.
    • Principais aplicacións da química do carbono na industria.
    • Tema 9

      • Tema 10