Saída xeolóxica Grove-Sanxenxo

22/03/2023 09:15
22/03/2023 13:30
Atlantic/Bermuda

Un percorrido polo litoral destes dous concellos pontevedreses que permite ollar unha ampla variedade de rochas e de acontecementos xeolóxicos. Na primeira parte da visita destaca a presenza de importantes estruturas fráxiles (fallas) e dúctiles (pregues) que se desenvolveron en xistos, que as veces intercalan con pequenos niveis de rochas calcosilicatadas. Estas rochas sufriron importantes cambios químicos na súa composición, un proceso xeolóxico que se coñece co nome de metasomatismo. De camiño xa á praia da Lanzada as rochas cambian, e moito, agora predominan as graníticas e a súa paisaxe de bolos. Pero nesta xeoruta haberá tempo tamén para contemplar as evidencias que temos de que o nivel do mar non sempre foi mesmo. E para rematar, o miradoiro da Siradella constitúe un lugar privilexiado para observar e entender a evolución xeomorfolóxica do sistema dunar da praia da Lanzada.