Moito que aprender!

30/03/2023 17:30
Atlantic/Bermuda

Dentro do ciclo “Moito que aprender” o día 30 de marzo ás 17:30 terá lugar na biblioteca un acto no que serán protagonistas 10 alumnas e alumnos que cursan diferentes estudos actualmente na EPA, e dous alumnos que, despois de rematar bacharelato no centro continuaron con estudos de ciclo superior ou grao universitario. O alumnado participante ten situacións persoais e intereses moi distintos. O que se pretende co acto é destacar a importancia da aprendizaxe ao longo da vida para que ninguén quede atrás e poñer de manifesto que a diversidade supón un elemento enriquecedor para a comunidade educativa.