Día da Muller

O día 9 de marzo tivemos o pracer de recibir no noso centro a dous traballadores da Fundación Secretariado Gitano en Lugo que traballan coa comunidade xitana; Irene Jiménez Cortiñas é Meidadora Intercultural dende o ano 2003 no dispositivo de Lugo e ten ampla experiencia en casos de mediación intercultural, educación, muller e emprego.

Manuel Requeijo Arnejo é o Coordinador Provincial da Fundación Secretariado en Lugo.

O noso alumnado tivo a posibilidade de estudiar unha exposición que nos foi cedida polo Secretariado a semana anterior á visita e logo en dous grupos asistiron á charla de Irene e Manuel.

Powered by Drupal - Design by artinet