Blogues

Recoñecemento ao noso labor educativo. Ano 2011. Premios.

PREMIO "Miguel Hernández" EDICIÓN 2011

Recibimos en Madrid o 2º Premio o mércores 9 de maio de 2012.

Datos xerais:

  • Descripción:

    Os premios Miguel Hernández apoian e difunden boas prácticas e experiencias de aprendizaxe ao longo da vida en España. Existen dende 1991

Actividades extraescolares e complementarias

Clica neste enlace para ver o cadro de actividades.

Intencións educativas do Nivel II

O nivel II, ou de consolidación de coñecementos e técnicas instrumentais, está orientado a que a persoa adulta desenvolva habilidades, técnicas, métodos e estratexias de aprendizaxe. Baséase na capacidade de transferencia, e dicir, saber aplicar o aprendido a situacions diferentes.

Intencións educativas do Nivel I

As ensinanzas correspondentes ao nivel I das ensinanzas básicas iniciais deben permitir á persoa adulta adquirir técnicas de lecto-escritura e cálculo para satisfacer as necesidades que se lle presenten na vida cotiá.

Ensinanzas Básicas Iniciais

As ensinanzas correspondentes ao nivel I das ensinanzas básicas iniciais deben permitir á persoa adulta adquirir técnicas de lecto-escritura e cálculo para satisfacer as necesidades que se lle presenten na vida cotiá.

Trataremos tamén de impulsar a formación de alumnos-as competentes que poñan en práctica dunha maneira integrada, en contextos e situacións diferentes, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais que van mais ala do saber e do saber facer ou aplicar porque inclúen tamén o saber ser ou estar.

O día da muller traballadora. 8 de marzo

Andivemos estes dias antes do antroido traballando o tema do Día da Muller Traballadora. Intentamos darlle un enfoque histórico buscando que os alumnos comprenderan o desenvolvemento da idea da igualdade da muller vendo como foi evolucionando ata chegar aos nosos días. Tamén tentamos de transmitirlles a idea de que estamos nun momento histórico desta loita e que esta vai seguir cara adiante.

Unha ollada ao galeguismo

Amosámosvos o traballo realizado sobre a orixe histórica do galeguismo.

Unidades Didácticas

As Unidades Didácticas que usamos para impartir o nóso ámbito podénse descargar no seguinte enlace dentro da ensinanza de adultos:

Unidades Didácticas.

Revista 2010-2011

Revista 2009-2010

Revista ANOCA (2009-2010) realizada grazas a  colaboración dos alumnos do centro.

Powered by Drupal - Design by artinet