Saltar navegación.


Inicio   |   O Centro   |   Secretaría   |   Horarios   |   Aula Mentor   |   Aula Virtual   |   Contacto

Títulos

Títulos

Os alumnos/as que obtiveron:

  • Títulos de Graduado Escolar ou de Certificado de Escolaridade, expedidos neste Centro desde o curso 84/85 ata o curso 96/97, deben de recollelos na secretaría deste centro.
  • Títulos de Graduado Escolar ou de Certificado de Escolaridade, a partir do curso 97/98, deben de recollelos na Inspección de Educación, no Edificio Administrativo da Xunta, 7º andar - Ferrol.
  • Os alumnos/as que obtiveron o título de Graduado en Educación Secundaria a partir do curso 97/98 deben de recollelos na secretaría do Centro, tendo en conta que, a partir da súa obtención, tardan sobre 2 anos en expedirse.

Recollerase en persoa presentando o seu D.N.I. Se non o pode recoller persoalmente, poderá autorizar a outra persoa, a través dun escrito asinado por vostede no que deberá figura-lo nome e apelidos, e o número do D.N.I. da persoa autorizada, quen deberá acredita-la súa identidade. O dito escrito acompañarase dunha fotocopia simple do D.N.I. do titular.

Pode descargar o modelo de autorización para a recollida do título facendo clic aquí Descarga documento

Distribuir contido