Saltar navegación.


Inicio   |   O Centro   |   Secretaría   |   Horarios   |   Aula Mentor   |   Aula Virtual   |   Contacto

Prazos de Matrícula

Prazos matrícula de ensinanzas regradas curso 2023-24

Premer aquí para ver os prazos de matrícula das ensinanzas regradas para o curso 2023-24

PRAZAS VACANTES EN ENSINANZAS NON REGRADAS

Continúa aberta a matrícula para as seguintes ensinanzas: 

  • Iniciación á informática.
  • Obradoiro de lectura e escritura.
  • Obradoiro de cálculo.

 

Documentación: Fotocopia do DNI e 1 foto tamaño carné con nome e apelidos por detrás.

 

Matrícula: Preparación da proba Ciclos Grao Medio

Prazo de matrícula:

Sempre que haxa peticións suficientes e profesorado con horas dispoñibles, poderase facer matrícula para a preparación para a probal libre a Ciclos Formativos de Grao Medio

O prazo de matrícula será o primeiro cuadrimestre (setembro) e 2º cuadrimestre (xaneiro).

No caso de que non houbera prazas dispoñibles, farase unha lista de espera. O alumnado en lista de espera incorporarase no momento que haxa unha praza vacante.

As clases comezarán o día que estableza a dirección do centro segundo a lexislación vixente no horario establecido que se pode consultar na sección correspondente.

Documentación:

O alumnado deberá de presentar a seguinte documentación:

  • Impreso de matrícula debidamente cumprimentado
  • Fotocopia do D.N.I.
  • Dúas fotografías tamaño carné
Distribuir contido