EPA Ferrol

Convocatoria das probas para a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ano 2021

Información xeral:

Datas e listaxes da convocatoria de setembro:

  • Data da proba: venres 10 de setembro.
  • Prazo de matrícula: do 1 ao 8 de xullo (ambos os dous incluídos).
  • Data de publicación listaxe provisional de admitidos e excluídos: venres 16 de xullo.

           Relación provisional de aspirantes admitidos.

           Relación provisional de aspirantes excluídos.

           Relación provisional de exención da Lingua Galega.

  • Reclamación listaxe provisional de admitidos e excluídos: do luns 19 ao mércores 21 de xullo.
  • Data de publicación listaxe definitiva de admitidos e excluídos: xoves 22 de xullo.

           Relación definitiva de aspirantes admitidos.

           Relación definitiva de aspirantes excluídos.

           Relación definitiva de exención da Lingua Galega.

           Cualificacións definitivas:  poden consultalas no taboleiro do noso centro ou                     ben na páxina web da Consellería de Educación dentro da sección de Adultos: 

           https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/35221

 Datas e listaxes da convocatoria de maio:

  • Data da proba: venres 21 de maio.
  • Prazo de matrícula: do 8 ao 18 de marzo (ambos os dous incluídos).
  • Data de publicación listaxe provisional de admitidos e excluídos: 8 de abril.

           Relación provisional de aspirantes admitidos.

           Relación provisional de aspirantes excluídos.

           Relación provisional de exención da Lingua Galega.

  • Reclamación listaxe provisional de admitidos e excluídos: 9, 12 e 13 de abril.
  • Data de publicación listaxe definitiva de admitidos e excluídos: 14 de abril.

           Relación definitiva de aspirantes admitidos.

           Relación definitiva de aspirante excluídos.

           Relación definitiva de exención da Lingua Galega.

Data de publicación listaxe provisional cualificacións: xoves 3 de xuño.

  • Cualificacións definitivas:  poden consultalas no taboleiro do noso centro ou ben na páxina web da Consellería de Educación dentro da sección de Adultos: 

             http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238

Reclamación listaxe provisional cualificacións: do 3 ao 9 de xuño (ambos os dous incluídos).

Data de publicación listaxe definitiva cualificacións: venres 11 de xuño.

Requisitos:

        1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

        2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

        3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2020/21 nas ensinanzas             

            de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

        4. O alumnado matriculado durante o curso 2020/21 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes  condicións:            

  • para acudir á primeira convocatoria, ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre . Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

  • para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

 Documentación necesaria:          

  • Solicitude de inscrición.

  • DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito (fotocopia polas dúas caras).

  Documentación complementaria:  

  • Certificación dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados.

  • Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de solicitar a exención de lingua galega.

  • Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.

Exencion Lingua Galega: 

       1. Durante o período de inscrición, as persoas aspirantes poderán dirixir á dirección do centro a solicitude de exención de lingua galega para que non sexa obxecto de avaliación nesta convocatoria.

      2. As persoas solicitantes de exención acreditarán a procedencia doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro, segundo o establecido no artigo 18.1 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo na ensinanza non universitaria de Galicia.

Horario da proba:

8.30-9.30: chamamento dos aspirantes. Deben presentar DNI, NIE, pasaporte ou carné de conducir. Non se permitirá o acceso ás persoas que non estean correctamente identificadas.

9.30-12:00: ámbito científico-tecnolóxico.

12.15-13.15: ámbito social.

16.00-19.00: ámbito da comunicación.

Normas de realización da proba:

1. Para a realización das probas, as persoas inscritas acreditarán a súa identidade presentando o DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito. Non se permitirá o acceso ás persoas que non estean correctamente identificadas.

2. É obrigatorio o uso de máscara de protección.

3. Na proba do ámbito científico-tecnolóxico o alumnado poderá utilizar calculadora. Non se poderán utilizar calculadoras programables nin aquelas que permitan a resolución de ecuacións ou a almacenaxe de datos alfanuméricos. En caso de dúbida, o Tribunal poderá revisar a calculadora para a súa valoración.

4. Non se permitirá o uso do teléfono móbil, smartwatch nin ningún outro dispositivo electrónico. No caso dos reloxos intelixentes, non se permitirá o seu acceso para a súa utilización como un reloxo convencional.

5. As persoas aspirantes, unha vez resolta cada proba, que será de respostas pechadas, trasladarán as opcións elixidas a unha folla de respostas. Entregarán esta xunto co protocolo de exame.