Saltar navegación.


Inicio   |   O Centro   |   Secretaría   |   Horarios   |   Aula Mentor   |   Aula Virtual   |   Contacto

O centro

O centro creóuse en outubro de 1984.

Durante os cursos 84/85 e 85/86 estivo emprazado na Praza de España, no edificio do antigo Banco de España, actualmente ocupado polo Museo Bello Piñeiro e a Oficina de Consumo. Contou con dous/tres profesores para impartir clases de alfabetización, pregraduado e graduado escolar en quendas de mañá, tarde e noite.

En outubro de 1986 foi trasladado á rúa Mendez Núñez 11, xunto á Praza de Amboaxe, ocupando o 2º andar. Seguiu impartindo clases con tres profesores en quendas de mañá, tarde e noite. En setembro de 1991 foi ampliado o cadro de persoal a catro profesores definitivos.

En 1995 volveu a ser trasladado ó asentamento actual, na rúa Luís de Requeséns s/n, ocupando unha parte do 1º andar do antigo Colexio Santa María de Caranza.

No curso 97/98 foron concedidos os novos estudios de Educación Secundaria para Adultos (E.S.A.) e ampliado o cadro de persoal ata oito profesores.

No concurso levado a cabo no curso 2002 / 2003  cadro de profesores aumentou ata 7 de secundaria.

Na actualidade, ocupa todo o antigo Centro de E.X.B Santamaría de Caranza. O cadro de persoal definitivo é de 12 profesores de secundaria e 2 de primaria.

Ofértanse as seguintes ensinanzas:

  • Ensinanzas básicas para adultos
  • Educación secundaria para adultos
  • Bacharelato semipresencial
  • Cursos da Aula Mentor
  • Preparación á proba libre de acceso a Ciclos Formativos de grao medio
  • Castelán e galego para estranxeiros
  • Iniciación á informática
  • Obradoiro de lectura e escritura
  • Obradoiro de cálculo

 

Organigrama

Dirección
Director Raúl Rico Pena
Xefa de estudios Mª Carmen Souto Figueroa  
Secretaría Rosa Mª Randulfe Carballo
Departamentos
Orientación Mercedes Rodeiro
Lingua Castelá Mª Montserrat Dopico
Lingua Galega Mª Begoña Armada
Inglés Belén Álvarez
Ciencias sociais Juan A. Carneiro
Matemáticas Pedro Pazos
 Ciencias da Natureza   Marcos Perille
Física e Química Belén Gil
Francés Juan Francisco Rey
Filosofía Felix Esclusa
Latín Amparo Castro
Debuxo Lois Rodríguez
Coordinadores/as
Bacharelato semipresencial Belén Gil 
ESA semipresencial Iván Cordido 
Administrador Aula Mentor Lois Rodríguez Calvo