Skip to Content

bloque-estilos

ESA

Educación secundaria para adultos

ESA - Información xeral

A ESA, Ensinanza Secundaria de Adultos, ten dúas modalidades, Presencial e Semipresencial. Nos seguintes apartados do menú ampliarase esta información.

 

Características da ESA tanto Presencial como Semipresencial

 Estruturación do curso:

A ESA está estruturada en 3 ámbitos de coñecemento:

  • Ámbito Científico-Tecnolóxico: inclúe contidos de Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas, Tecnoloxía, Tecnoloxías da Información e da Comunicación e os aspectos relacionados coa saúde e co medio natural da materia de Educación Física.

  • Ámbito de Comunicación: inclúe contidos de Lingua Galega e Literatura, Lingua Castelá e Literatura e unha das seguintes linguas estranxeiras: Inglés, Francés e Portugués.

  • Ámbito Social: inclúe contidos de Xeografía e Historia, Economía, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial, Educación Plástica e Visual e Música.

Cada ámbito ten unha única cualificación, inda que sexa impartido por dous profesores/as distintos/as.

 

Duración do curso:

Os cursos son cuadrimestrais:

  • 1º cuadrimestre: de setembro a febreiro. A avaliación ordinaria terá lugar na primeira quincena de febreiro e a extraordinaria en abril/maio. Hai unha avaliación parcial en novembro que inclúe aproximadamente a metade da materia.

  • 2º cuadrimestre: de febreiro a xuño. A avaliación ordinaria realízase a finais de xuño e a extraordinaria na primeira semana de setembro. Hai unha avaliación parcial en abril que inclúe aproximadamente a metade da materia.

 

Titulación:

Cada un dos ámbitos superados queda permanentemente aprobado, e calquera alumno/a pode matricularse dun ou máis ámbitos. Só pode matricularse do mesmo ámbito en dous módulos (cursos) distintos en circunstancias especiais que se explican na ESA Semipresencial.

Os ámbitos nos que pode matricularse dependerán da certificación de estudos presentada. Para validar un ámbito terá que ter aprobadas todas as materias incluídas nel. Por exemplo, para considerar validado o Ámbito científico-tecnolóxico de 3ºESA, deberá ter superadas as materias de 3º ESO nas que estivera matriculado/a e que se inclúen nese ámbito (Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química, Matemáticas e/ou Tecnoloxía).

A titulación ten os mesmos efectos que a da ESO ordinaria e, para acadala, o alumnado terá que conseguir avaliación positiva nos 3 ámbitos do Módulo 4 (4º ESA). Permite o acceso ao Bacharelato e a Ciclos Medios.

 

Materiais do curso:

En xeral non se utilizan libros de texto, senón que o material utilizado nas clases está a disposición do alumnado para fotocopiar na Conserxería, nesta web e nalgún caso na Aula Virtual.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut