Skip to Content

bloque-estilos

ESA Presencial

ESA Presencial - Información xeral

Temporalización:

A diferenza da Semipresencial, neste centro non se ofertan todos os módulos (cursos) en ambos os dous cuadrimestres. A distribución é a seguinte:

 

Horario de mañá

De luns a venres

Horario de tarde

De luns a xoves

1º cuadrimestre

1º ESA e 3º ESA

3º ESA

2º cuadrimestre

2º ESA e 4º ESA

4º ESA

Os horarios publícanse en setembro e son válidos para os dous cuadrimestres. Tamén se mantén o profesorado que imparte un ámbito. O horario de docencia coincide, aproximadamente, co de apertura do centro.

O número de clases semanais por ámbito é:

  • Ámbito Científico-Tecnolóxico: 4 clases de Natureza e 4 de Matemáticas.

  • Ámbito de Comunicación: 6 clases de Galego e Castelán en 1º e 2ºESA e 5 en 3º e 4ºESA, e 2 de Lingua Estranxeira en calquera dos módulos.

  • Ámbito Social: 3 clases en 1º e 2ºESA e 4 en 3º e 4ºESA .

  • Titoría presencial: 1 clase.

Cualificacións:

O alumnado que supera un ámbito na convocatoria de febreiro (1º cuadrimestre) queda automáticamente matriculado no mesmo ámbito do módulo seguinte para o 2º cuadrimestre.

No caso dos ámbitos suspensos deberá examinarse na avaliación extraordinaria de abril/maio. Mentres tanto queda matriculado/a de forma condicional no ámbito do módulo seguinte podendo asistir ás clases dese ámbito. No caso de non superar a avaliación extraordinaria xa non podería ser avaliado/a no 2º cuadrimestre dese ámbito ou ámbitos suspensos e non podería volver a matricularse deles ata o seguinte curso. A situación dos ámbitos aprobados non se ve afectada.

Ao acabar o 1º cuadrimestre, calquera alumno/a pode cambiar de modalidade (Presencial a Semipresencial ou viceversa), solicitándoo por escrito. Este cambio tamén podería facerse durante o curso sempre que se vexa xustificado por cambios na situación persoal ou laboral do alumno/a.

No caso de alumnado con algún ámbito suspenso que cambie a Semipresencial pode renunciar á Avaliación Extraordinaria. Deste modo xa non se examina do ámbito ou ámbitos suspensos en abril/maio e volve matricularse neles para repetilos. Así ten a opción de superalos en xuño ou en setembro. Isto non afecta aos ámbitos aprobados nos que poderá seguir o curso no módulo seguinte. Para renunciar á avaliación extraordinaria deberá presentar unha solicitude na oficina (pode pedir o impreso na Conserxería).

Distribuir contido


by Dr. Radut