Skip to Content

bloque-estilos

ESA Semipresencial

ESA Semipresencial - Información xeral

 

 

Temporalización:

 En cada cuadrimestre ofértanse os 4 cursos (Módulos) de ESA cos seguintes horarios:

  • 1ºD, 2ºD: os mércores, de 16.00 a 20.05.

  • 3ºD, 4ºD: os martes, de 16.00 a 20.05.

  • 3ºE, 4ºE: os venres, de 8.45 a 12.50.

 Titorías:

 Na ESA Semipresencial hai dous tipos de titorías: titoría presencial e titoría de orientación.

  • A titoría presencial é o que entendemos habitualmente por “clase”. Asiste a ela todo o alumnado matriculado. A carga horaria semanal das titorías presenciais nestes módulos é a seguinte:

      • Ámbito Científico-Tecnolóxico: 1 sesión Matemáticas + 1 sesión Natureza (Física e Química ou Bioloxía e Xeoloxía segundo os módulos).

      • Ámbito de Comunicación: 1 sesión Galego e Castelán + 1 sesión Lingua Estranxeira.

      • Ámbito Social: 1 sesión.

 

  • En canto ás titorías de orientación, como regra xeral, hai unha por cada unha das presenciais. Nas titorías de orientación poderá consultarse co profesor/a calquera aspecto da materia, tanto persoalmente como por teléfono. O profesorado tamén está accesible por correo electrónico e na Aula Virtual, se é o caso. O horario destas titorías publícase en setembro e é o mesmo durante todo o curso.

Cualificacións:

O alumnado que aproba un ámbito na convocatoria de febreiro (1º cuadrimestre) queda automaticamente matriculado no ámbito do módulo seguinte para o 2º cuadrimestre.

No caso dos ámbitos suspensos hai dúas opcións:

  • Examinarse na avaliación extraordinaria (neste curso é o 6 de marzo de 2023). Mentres tanto queda matriculado/a de forma condicional no ámbito do módulo seguinte podendo asistir ás clases dese ámbito. No caso de non superar a avaliación extraordinaria xa non podería ser avaliado/a no 2º cuadrimestre dese ámbito ou ámbitos suspensos e non podería volver a matricularse deles ata setembro. A situación dos ámbitos aprobados non se ve afectada.

  • Renunciar á Avaliación Extraordinaria. Deste modo xa non se examina do ámbito ou ámbitos suspensos en marzo e volve matricularse neles para repetilos. Así ten a opción de superalos en xuño ou en setembro. Isto non afecta aos ámbitos aprobados nos que se poderá seguir o curso no módulo seguinte. Para renunciar á avaliación extraordinaria deberá presentar unha solicitude na oficina (pode conseguila na Conserxería).

Ao acabar o 1º cuadrimestre, calquera alumno/a pode cambiar de modalidade (Presencial a Semipresencial ou viceversa), solicitándoo por escrito. Este cambio tamén podería facerse durante o curso sempre que se vexa xustificado por cambios na situación persoal ou laboral do alumno/a.

 

Matricularse dun mesmo ámbito en dous módulos distintos

O alumnado de 4º Semipresencial cun só ámbito de 3º suspenso ten a opción de matricularse no mesmo cuadrimestre dese ámbito tanto de 3º como de 4º o que lle dá oportunidade de titular ao final do cuadrimestre. Queda entendido que nunca poderá aprobar o ámbito de 4º sen ter superado o de 3º. O alumnado nesta situación que desexe matricularse dos dous ámbitos debe comunicalo en Secretaría ao entregar a solicitude de matrícula.

 

Volver ao inicio de Oferta educativa

Distribuir contido


by Dr. Radut