- NIVEL I DAS ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS:
Todas as persoas adultas que necesiten adquirir técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo.
O periodo de matrícula está aberto ata o 30 de abril.
Grupos reducidos cunha metodoloxía individualizada e materiais específicos, en horario de tarde de luns a xoves durante 12 periodos lectivos semanais.
- NIVEL II DAS ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS:
Persoas sen ningunha titulación que desexen acceder á educación secundaria para persoas adultas e seguir con garantía cursos de cualificación profesional.
O periodo de matrícula está aberto ata o 30 de abril.
Contidos relacionados coas necesidades e a realidade das persoas adultas, estruturados en tres ámbitos en horario de tarde de luns a xoves durante 16 periodos lectivos semanais.
Volver ao inicio de Oferta educativa