Matemáticas aplic. ás CCSS II

2ª Avaliación Matemáticas Aplicadas ás CCSS II

A materia correspondente á 2ª Avaliación de Matemáticas Aplicadas ás CCSSII é a seguinte:
 
 
Tema 6 .- Derivadas
 
Tema 7 .- Integrales

1ª Avaliación

No arquivo adxunto tedes a distribución dos contidos correspondentes á Primeira Avaliación e os enlaces aos temas 

MATEMÁTICAS APLICADAS II. INFORMACIÓN PARA O ALUMNO. Curso 2016-17

Información xeral: metodoloxía, libro de texto, horarios titorías, correo electrónico, ......

 

 

A Metodoloxía está baseada na asistencia a titorías lectivas presenciais nas que se facilitará o estudo dos contidos fundamentais programados para cada unha das unidades e marcará as directrices a seguir para a consecución dos obxectivos propostos, e titorías de orientación, de carácter individual ou personalizado, nas que se resolverán as dificultades que lle xurdan ao alumno durante o seu estudo e reforzará determinados contidos que non estean suficientemente adquiridos. 

As titorías presenciais serán os martes no seguinte horario: 12:50h-13:35h ou ben 20:05h-20:50h, en  quenda de maña ou tarde, respectivamente.

As titorías individuais son os mércores 12:05h-12:50h

Durante este curso o libro que imos empregar é “Matemáticas Apllicadas II. 2º de Bachillerato” de “Textos Marea Verde” , a materia correspondente á primeira unidade pódese descargar no seguintes enlaces:

Tema 1 Matrices (versión completa ) ou Tema 1 Matrices (versión reducida) , ao longo do curso se facilitarán os enlaces para cada unha das unidades a través do correo electrónico.

A distribución e contidos da materia correspondente á primeira avaliación pódese descargar  aquí

 

O correo electrónico matematicas.bac@gmail.com é unha ferramenta importante para o contacto entre o alumno e o profesor, no que, entre outras cousas se lles facilitará ao alumno material para poder traballar na casa, exercicios resoltos, propostas de exames, ...

Para empregar o correo electrónico, o alumno deberá enviar un correo a dirección matematicas.bac@gmail.com, indicando:

- Apelidos e nome

- DNI

- Teléfono de contacto

- Materias do departamento nas que está matriculado

- Se estivo matriculado o curso anterior 

- Outras observacións que poda aportar o alumno

Distribuir contido