Matemáticas I

2ª Avaliación Matemáticas I

A materia correspondente á 2ª Avaliación de Matemáticas I é a seguinte:
 
 
Tema 1.-Forma polar dun número complexo. Operacións de números complexos en forma polar.Fórmula de Moivre. 
 
 
Tema 9.-Estatística
 
Aclaración: Na 1º Avaliación,  no Tema 1, introducimos os números complexos tan só en forma binómica, para traballar con eles na forma polar precisamos manexar a trigonometría, é por este motivo polo que incluímos este apartado do primeiro tema nesta avaliación.

Temas da 1ª Avaliación

Nos seguintes enlaces podedes descargar os temas correspondentes á 1ª Avaliación

 

 

Tema 1- Números reais e complexos

 

Tema 2 . Álxebra

 

Tema 3 Sucesións

 

 

 

 

 

Información Curso 2016-17 MATEMÁTICAS I

 

A materia de Matemáticas I é unha das materias troncais do Bacharelato de Ciencias, o alumno debe partir duns coñecementos previos recollidos no Anexo I.

A distribución da materia por avaliación pódese ver no Anexo II.

A Metodoloxía está baseada na asistencia a titorías lectivas presenciais nas que se facilitará o estudo dos contidos fundamentais programados para cada unha das unidades e marcará as directrices a seguir para a consecución dos obxectivos propostos, e titorías de orientación, de carácter individual ou personalizado, nas que se resolverán as dificultades que lle xurdan ao alumno durante o seu estudo e reforzará determinados contidos que non estean suficientemente adquiridos. 

Durante este curso o libro que imos empregar é “Matemáticas I. 1º de Bachillerato” de “Textos Marea Verde” , a materia correspondente á primeira unidade pódese descargar no seguintes enlaces:
Tema 1: Números reais e complexos VC (versión completa 37 páx) ou Tema 1: Números reais e complexos VF (versión reducida 15 páx), ao longo do curso se facilitarán os enlaces para cada unha das unidades a través do correo electrónico.

O correo electrónico matematicas.bac@gmail.com é unha ferramenta importante para o contacto entre o alumno e o profesor, no que, entre outras cousas se lles facilitará ao alumno material para poder traballar na casa, exercicios resoltos, propostas de exames, ...

Para empregar o correo electrónico, o alumno deberá enviar un correo a dirección matematicas.bac@gmail.com, indicando:

- Apelidos e nome

- DNI

- Teléfono de contacto

- Materias do departamento nas que está matriculado

- Se estivo matriculado o curso anterior 

- Outras observacións que poda aportar o alumno

 

 

- Anexo I

- Anexo II

Distribuir contido