Aula Mentor

AULA MENTOR DO CENTRO DE ADULTOS DE LUGO

Formación aberta, libre e a distancia a través de Internet. Aprendizaxe ao longo da vida do Ministerio de Educación e Ciencia en colaboración coa Consellería de Educación. Consiste na realización de cursos en liña, a través de Internet, con matrícula aberta permanente e atención tutorial próxima ao estudante, coas seguintes características:

  • Utilización de medios informáticos para realizar cursos de Formación a Distancia a través de Internet.
  • Cada persoa poderá matricularse nun ou máis cursos de Formación dentro da variedade que se oferta.
  • Terá acceso á plataforma Mentor e un titor a distancia que a guiará na realización dos cursos, avaliará e aconsellará sobre as dúbidas que puidese ter.
  • Posibilidade de realizar os cursos dende calquera ordenador con acceso a internet. As persoas que desexen realizar estes cursos desde o seu domicilio unicamente deberán acudir ao centro para formalizar a matrícula (tamén pode facelo por email), familiarizarse coa plataforma educativa – se o consideran necesario  e para a realización do exame final. 
  • Na actualidade hai mais de 100 cursos. Pódese ver a oferta completa na páxina web de Aula Mentor.
  • Cada curso ten un custo inicial de 48 € que proporciona acceso á plataforma educativa durante dous meses. Cada mensualidade adicional é de 24 €. 
  • Os cursos certifícanse polo Ministerio de Educación e Ciencia e a Consellería de Educación da Xunta de Galicia acreditando as horas investidas en cada un deles. 
 Solicitude de matrícula (contén información necesaria) ("click" nun dos seguintes enlaces):     formato .doc      formato .pdf    formato .odt

 

Aula Mentor de Lugo:     EPAPU Albeiros. Parque da Milagrosa s/n . 27003. Lugo

Tfnos.:  982 828 106    Fax: 982 828122

 Correo electrónicolugo@aulamentor.es

Páxina de Facebook

 

HORARIO DO CURSO 2017/2018

 

CALENDARIO DE EXAMES ANO 2017

Convocatoria
número
Mes Días Data tope entrega
actividades
AULA MENTOR. LUGO
 114  febreiro 2017 do 6 ao 10 25 de xaneiro  
 115 abril 2017 do 24 ao 28 10 de abril
 116 xuño 2017 do 5 ao 9 24 de maio
117 outubro 2017 do 2 ao 6 20 de setembro
118 decembro 2017 do 11 ao 15 29 novembro