Skip to Content

bloque-estilos

Probas Libres para a obtención do Graduado en ESO

DESCARGA DO DOG (pdf)

DOCUMENTACIÓN PARA A MATRÍCULA

PRAZOS DE MATRÍCULA:

 Para a Convocatoria de setembro: matrícula do 2 ao 9 de xullo

 

Exame: Venres, 7 de setembro  

As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

Horario da proba:

8.30-9.00: Chamamento dos aspirantes. Deben presentar DNI, NIE, Pasaporte ou Carnet de conducir.

9.30-12.00: Ámbito Científico-Tecnolóxico

12.15-13.15: Ámbito Social

 

16.00-19.00: Ámbito de Comunicación

DESCARGA DA SOLICITUDE

 Convocatoria de maio:

  -Luns18 xuño. Publicación de:

         -Cualificacións definitivas

 


Convocatoria de Setembro:

-Matrícula: do 2 ao 9 de xullo

-Publicación listaxe provisional: venres 20 xullo

Grupo A (matriculados en marzo)  -  Grupo B (matriculados en xullo)

-Listaxe de non admitidos e de exencións concedidas e non concedidas

-Reclamacións á listaxe: luns 23, martes 24 e xoves 26 xullo

-Listaxe definitiva: venres 27 xullo

Grupo A (matriculados en marzo)  -  Grupo B (matriculados en xullo)

-Cualificacións provisionais: xoves 13 setembro

-Reclamacións: venres 14, luns 17, martes 18, mércores 19 e xoves 20 setembro

-Cualificacións definitivas: venres 21 setembro

 

Todas as listaxes se publicarán nesta web e na porta do EPAPU Albeiros.

 

DESCARGA DE PROBAS DE CONVOCATORIAS ANTERIORES

 

REQUISITOS PARA PODER PARTICIPAR NAS PROBAS:

1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

3. Non estaren nin teren estado matriculados no curso 2017/18 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

4. O alumnado matriculado durante o curso 2017/18 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:

        4.1. Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

        4.2. Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.



page | by Dr. Radut