Skip to Content

Probas libres

Probas libres de secundaria 2022

 

HORARIO DAS PROBAS  - VENRES DIA 02 DE SETEMBRO
(Iníciase o chamamento entre as 8,30 e as 9:00 horas e os aspirantes deberán identificarse debidamente mediante DNI, pasaporte ou documento equivalente)

 

Importante: o chamamento será realizado en duas entradas diferentes do edificio.

Inscritos con apelidos

DE: Abelenda Vazquez A:Martell Rodríguez na entrada principal.

Inscritos con apelidos

DE: Martinez Alonso

A: Zapata Iglesias na entrada Ronda de Outeiro

 

 

MAÑÁ

9:30 ás 12:00 h

12:15 ás13:15 h.

 

Ámbito cientifíco-tecnolóxico

Ámbito social

TARDE

16:00 ás 19:00 h

 

Ámbito comunicación

 

 


 

NORMAS PARA O DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS LIBRES DA ESO 2022

CHAMAMENTO E REALIZACIÓN DAS PROBAS
- O venres 02 de Setembro, ás 8.30 iniciarase o chamamento do alumnado matriculado para o acceso ás aulas onde se realizarán as probas.
- A identificación farase mediante DNI ou documento identificativo: pasaporte, permiso de residencia, carné de conducir. Non se permitirá o acceso ás persoas que non estean correctamente identificadas.
- Para realizar as probas o alumnado deberá levar consigo.
o D.N.I. ou documento identificativo: pasaporte, permiso de residencia, carné de conducir.
o Bolígrafo ou pluma de tinta azul ou negra imborrable.
o Calculadora non programable, que non permita resolución de ecuacións nin almacenaxe de datos alfanuméricos para o ámbito científico tecnolóxico.
o Post-it co número de identificación da lista, que se lle entregará no momento de identificación no chamamento e para acceder á aula de exame.
- No momento da entrada na aula, o tribunal asignaralle un posto de exame a cada alumno/a que debe ocupar en todas as probas.
- Non deberán levar bolsos/as ou mochilas, de ser así depositaralas ao seu lado no lugar de exame.
- O alumnado realizará as probas desprovisto de viseiras, gorros ou calquera outro elemento que interfira na súa identificación.
- Todo o alumnado deberá manter os pavillóns auditivos despexados para a verificación de que non se usan dispositivos auditivos non permitidos.
- Non se permitirá o acceso á aula unha vez se cumpran os 20 primeiros minutos do inicio do exame e os alumnos non poderán abandonar a aula ate 20 minutos despois de empezar os exames.
- Os aspirantes, unha vez resolta cada proba, que será de respostas pechadas, trasladarán as opcións elixidas a unha folla de respostas. Entregarán esta xunto co exame a un membro do tribunal no mesmo sitio onde están sentados. Tanto a folla de respostas como o exame deberá levar na parte superior dereita o número identificativo da/o alumna/o.
- Ao finalizar as probas non se entregarán exames sobrantes a ninguén xa que estes estarán accesibles na web da Consellería.


MATERIAL NON PERMITIDO
- Teléfonos móbiles, smartwatch ou calquera outro dispositivo electrónico. Está prohibido asistir aos exames con teléfonos móbiles ou dispositivo electrónico algún (excepto calculadora non programable, que non permita resolución de ecuacións nin almacenaxe de datos alfanuméricos, para o ámbito científico tecnolóxico). O uso destes aparellos ou o son dun móbil acendido implica a expulsión do exame e a cualificación de suspenso.
- No caso dos reloxos intelixentes, tampouco poderán ser utilizados nin como reloxo convencional.
- Se ao alumno/a se lle sorprende copiando e/ou utilizando medios telemáticos ou dispositivos electrónicos nalgún dos exames, se lle sancionará coa expulsión do mesmo e a cualificación de suspenso.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut