Inicio do curso 2015/16

 

Queremos darvos a benvida ao novo curso. Desexamos que entre todos e todas construamos un espazo de formación e de convivencia.Estamos seguros e seguras de conseguilo.

Os profesores poñen amor

nas palabras que

pronuncian porque saben

que a causa do ensino

identifícase coa

causa patria.

E amor, inexpresado

amor, teñen por igual a

Galicia eses estudantes

ou empregados galegos

ou fillos de galegos, que

queren coñecer o segredo

de Galicia e de si mesmos

Luis Seoane

 

 

Xa tedes á vosa disposición os horarios de todos os grupos na sección correspondente e o horario de titorías de orientación.