Skip to Content

Oferta educativa | Educación Secundaria presencial | Matrícula, Transicións, Formas de Acceso e Proba inicial

Matrícula (ver Matrícula)

1. Poderán matricularse, con carácter xeral, as persoas maiores de 18 anos ou que os cumpran antes do 31 de decembro, se se matricula no 1º cuadrimestre, ou ben antes do 30 de abril, se se matricula no 2º cuadrimestre.

2. Poderán matricularse con carácter excepcional as persoas menores de 18 anos que xustifiquen documentalmente algunha destas circunstancias:

  • Ter cursado ensino de persoas adultas con anterioridade.
  • Ter superado os modulos obrigatorios dun Programa de Cualificación Profesional no anterior curso académico.
  • Ter un contrato laboral en vigor que non permita asistir aos centros en réxime ordinario ou ser deportistas de alto rendimento.
  • O departamento territorial que corresponda, tras o informe favorábel da inspección educativa, poderá autorizar a matrícula na educación secundaria de adultos a aqueles alumnos que se encontren en centros de menores, con medidas legais de internamento en réxime pechado.

Documentación:

  1. Alumnado que solicite por primeira vez matricularse en educación secundaria de persoas adultas deberá presentar a seguinte documentación:


    • Tres fotografías tamaño carné, co nome escrito por detrás.
    • Fotocopia DNI ou Pasaporte, en folio sen recortar.
    • Recibo do ingreso do seguro escolar (para alumnos menores de 28 anos).
    • Libro de escolaridade pechado e fotocopias das páxinas 26 á 29.
    • Declaración de non estar escolarizado en educación secundaria para persoas adultas noutro centro (modelo no centro).
    • O alumno procedente da ESO, certificación académica dos seus estudos.

  2. Alumnado escolarizado en ensino de adultos noutro Centro, deberá acreditar a procedencia do centro de orixe para facilitar o traslado de seu expediente académico e o libro de escolaridade:


    • Tres fotografías tamaño carné, co nome escrito por detrás.
    • Fotocopia DNI ou Pasaporte, en folio sen recortar.
    • Recibo do ingreso do seguro escolar (para alumnos menores de 28 anos).
    • Declaración de non estar escolarizado en educación secundaria para persoas adultas noutro centro.
    • Certificación académica dos seus estudos.

  3. Alumnado que xa estivo matriculado neste Centro no curso anterior:


    • Certificado dos estudos realizados.
    • Recibo do ingreso do seguro escolar (para alumnos menores de 28 anos).

  4. É posíbel solicitar a exención de matrícula de lingua galega nos casos previstos na lexislación vixente. (ver Secretaría Formularios Exencións PDF).

Nota: Non se admiten matrículas incompletas: deben adxuntarse as fotocopias que se necesiten. No centro no se poden fotocopiar.

Transición do 1º cuadrimestre ao 2º cuadrimestre

  • Os alumnos aprobados no 1º cuadrimestre (módulos 1 e 3) deben pasar pola Secretaría nas datas fixadas para formalizar a matrícula dos ámbitos que desexen cursar no 2º cuadrimestre (módulos 2 e 4).
  • Os alumnos que suspenden algún ámbito na convocatoria ordinaria de febreiro teñen unha convocatoria extraordinaria no mes de maio. Se aproban nesta convocatoria deben pasar pola Secretaría e formalizar a matrícula no ámbito/s aprobado/s do módulo seguinte.
  • Un ámbito do 2º cuadrimestre (módulo 2 ou módulo 4) non pode ser avaliado sen ter aprobado o mesmo ámbito do módulo inferior.

 

Formas de acceso aos diferentes Módulos

(Validacións e Equivalencias)

  1. Por validación con estudos anteriores, segundo as equivalencias fixadas no Anexo III da orde de 26 de xuño de 2008 (DOG do 23 de xullo) e que figuran na Táboa 1.
  2. Por superar o módulo anterior: valídanse ámbitos de coñecimento aprobados no módulo anterior. Só se pode matricular dun máximo de 3 ámbitos e será requisito indispensábel, dentro de cada módulo, obter avaliación positiva do módulo anterior para poder ser avaliado do seguinte.
  3. Para o alumnado que non poda acreditar estudos previos, antes de formalizar a matrícula poderá realizar unha proba de avaliación inicial (verCaracterísticas a continuación), na que se valorarán os coñecimentos e experiencias do alumno e que permitirá aconsellar en que nível ou módulo se deberá matricular para seguir con aproveitamento estes estudos.
  4. Para o alumnado procedente da ESO aplicaranse as equivalencias entre as materias da secundaria ordinaria e os ámbitos da secundaria de  adultos, establecidas nos anexos IV e V da orde do 24 de xuño de 2008 (DOG do 23 de xullo) e que figuran na Táboa 2.

Características da Proba inicial

Para o alumnado que non poda acreditar estudos previos realizaranse nos meses de setembro e xaneiro as probas de avaliación inicial. Esta proba posibilitará o acceso aos diferentes módulos de cada ámbito de coñecimento e permitirá a adscrición adecuada e personalizada de cada alumno aos distintos módulos.

A avaliación inicial deste alumnado poderá realizarse utilizando recursos orais e escritos adaptados para valorar o seu nivel de coñecimentos e as súas destrezas, segundo se estableza no plan de Centro. Desde o punto de vista metodolóxico, as probas escritas propostas para a avaliación inicial poden tanto estar integradas nun documento global de avaliación como planificadas de maneira independente unhas das outras. En todo caso, a través da avaliación inicial debe facerse posible, para cada alumno, a adscrición máis adecuada aos diferentes módulos.

Táboa 1

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións dos cursos de sistemas educativos da Lei 14/1970 e do sistema ordinario da educación secundaria obrigatoria, cos módulos correspondentes á educación secundaria para persoas adultas:

Sistema educativo Lei 14/1970

Novo Sistema

Réxime ordinario  

Educación básica para persoas adultas

Sexto curso de educación xeral básica (EXB)

Sexto de educación primaria

Nivel II do Ensino Básico Inicial (EBI)

Sétimo curso de educación xeral básica

Primeiro curso de educación secundaria obrigatoria (ESO)

Primeiro módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecimento da secundaria para adultos (ESA) 

Oitavo curso de educación xeral básica (EXB) e título de graduado escolar ou certificado de escolaridade

Segundo curso de educación secundaria obrigatoria (ESO)

Segundo módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecimento da secundaria para adultos (ESA) 

 

Primeiro curso de bacharelato unificado e polivalente (BUP) ou primeiro curso de formación profesional de primeiro grao

Terceiro curso de educación secundaria obrigatoria (ESO)

Terceiro módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecimento da secundaria para adultos (ESA) 

 

Segundo curso de bacharelato unificado e polivalente (BUP) ou segundo curso de formación profesional de primeiro grao e título de técnico auxiliar

Cuarto curso de educación secundaria obrigatoria (ESO)

Cuarto módulo de todos e cada un dos ámbitos de coñecimento da secundaria para adultos (ESA) 

Táboa 2

Cadro de equivalencias, para efectos académicos e de validacións, das materias de educación secundaria obrigatoria cos módulos correspondentes da educación secundaria para persoas adultas:

Educación secundaria obrigatoria (ESO)

Educación secundaria para persoas adultas (ESA)

Áreas ou materias

Ámbitos de coñecimento

Ciencias da Natureza (Bioloxía e Xeoloxía, Física e Química), Matemáticas, Tecnoloxias

Científico-Tecnolóxico 

Lingua Galega e Lit., Lingua Castelá e Lit. e 1ª ou 2ª Lingua estranxeira

Comunicación

Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Educación para a cidadania

Social



page | by Dr. Radut