Actividades e novas

Club de lectura: O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro

 

 

Anímaste a participar neste club de lectura organizado polo EDLG? Nesta ligazón pódense ver dous vídeos de presentación do libro: un booktrailer e unha noticia na CRTVG.

As xuntanzas serán en galego e faranse por videoconferencia. A seguinte sesión será o venres 19 de febreiro ás 16.30h. Se aínda estás interesado/a en unirte, inscríbete aquí https://forms.gle/Bx9sDwpccqo6LoWQ8 

 

Gañadores do Concurso "Estiven en Carvalho (Calero)!

Queremos agradecervos a todos a vosa participación nesta actividade do EDLG. Desfrutamos moitísimo cos vosos vídeos e... os gañadores do concurso "Estiven en Carvalho (Calero)! son...

 

 

"A pesar de... estamos no Nadal"

O EDLG deséxavos unhas Felices Festas e un Próspero 2021!

Animádevos a deixarnos nas nosas redes socias as vosas respostas ao lema "A pesar de ... estamos no Nadal!" Twitter https://twitter.com/edlg_vga e Instagram https://www.instagram.com/edlg_vga/

Por que non les en galego?

Gústache ler? Na biblioteca do noso centro podes atopar exemplares traducidos doutras linguas. A que estás esperando? Consulta o horario de empréstito e leva algunha destas o outras obras.

Visita Carvalho (Calero)!

Visita Carvalho (Calero)!

Carvalho non unha vila do oeste, é unha grande cidade case descoñecida. A súa importancia é tal que podería ben ser a capital das Letras Galegas.

Como moitas urbes desta dimensión, Carvalho ten un monumento que asombra o resto da cidade. En tempos, outro dos seus barrios era o máis frecuentado tanto polos propios habitantes como polos visitantes da cidade. Na actualidade perdeu un pouco do vigor antigo.

No entanto, o interese de Carvalho non acaba aí. Como toda a grande cidade, unha das súas avenidas centrais é ocupada por pequenos teatros. Non lonxe dalí fica o Barrio da Ficción, dono de algúns espazos singulares.

Deixamos para o fin as zonas máis interesantes para o viaxante que dispón de pouco tempo. En primeiro lugar, o Barrio da Poesía, que permite paseos breves e amenos en rúas con estilos diferenciados. Completa o círculo a zona dedicada á investigación, especialmente lingüística e literaria, espallada por moitos artigos breves que convidan a pensar sobre a lingua.

Únete ao EDLG

¿Queres unirte ao Equipo de Dinamización da Lingua Galega este curso 2020/21? Envía un correo electrónico a edl@eoivga.org indicando o teu nome completo, lingua e curso no que estás matriculado/a e porémonos en contacto contigo.

À conversa com Gustavo César Veloso

Nasceu e vive em Vila Garcia, é ciclista profissional desde 2001, correu pela equipa profissional galega, e para ela ganhou uma etapa na Vueta a España, ganhou duas vezes a Volta a Portugal e subiu ao pódio mais três vezes, a última ainda neste ano. Sem dúvida um percurso interessante.

Sobre esse percurso, o ciclismo em geral, a Volta a Portugal, os ciclistas galegos em Portugal, e outros temas que forem surgindo, vamos conversar com Gustavo César Veloso na segunda-feira, 9 de dezembro, às 19h00 no auditório da EOI.

Distribuir contido