Actividades e novas

Día Mundial da Poesía 2021: Poemas participantes

No Día Mundial da Poesía o EDLG propuxera unha actividade de poesía creativa a partires dun poema de Luís Valle. E… velaquí as tres versións recibidas.

 

Moitas grazas pola vosa participación e QUE O VERSO SEXA VOSO SEMPRE!!!

 

 

Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

O EDLG conmemora o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. 

Cóntanos e comparte as túas lecturas infantís e xuvenís respondendo ás publicacións no Twitter @EDLG_Vga e Instagram edlg_vga do EDLG ou, se o prefires, podes enviarnos un correo electrónico coas túas achegas a edl@eoivga.org e nós mesmos faremos a publicación (sen incluír datos persoais).

Podes elexir algunha destas preguntas ou calquera outra aportación que queras compartir en relación á literatura infantil e xuvenil en galego:

  • Que libro lles les aos teus/túas fillos/as en galego? (ou a calquera menor da túa familia)
  • Cando eras cativo/a, lías en galego? Si/Non? Por que?
  • Cal che gustaba a ti ler ou que che leran cando eras neno/a?
  • Que libro infantil ou xuvenil regalaches ou che regalaron en galego?

 

Preme en "Ler máis" e a seguir na imaxe de abaixo para acceder a revista electrónica coa escolma de achegas recibidas de alumnado e docentes

Club de lectura: O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro (Último encontro)

Este venres 26 de marzo terá lugar o último encontro do Club de Lectura organizado polo EDLG deste centro. 

Día Mundial da Poesía 2021

No Día Mundial da Poesía o EDLG lanzamos unha nova actividade dinamizadora dentro da nosa programación anual 2020/21. Neste Genial.ly poderedes facer un breve cuestionario con tres preguntas a partires de (extractos de) poemas en lingua galega, e ao final da presentación atoparedes as instrucións para explorar a vosa creatividade e convertervos en poet(is)as!

A actividade de escritura creativa diríxese a todos os membros da comunidade educativa da EOI de Vilagarcía (profesorado, alumnado e PAS). Podedes enviar as vosas creacións até o 11 de abril ao enderezo electrónico edl@eoivga.org. Ao remate, faremos unha compilación dos vosos poemas neste apartado da web e nas redes sociais do EDLG. Non se publicarán datos persoais dos participantes.

Plumas preparadas? Papel listo? Xa!

8M - Día Internacional da Muller

A Banda da Loba homenaxea a Xela Arias nun videoclip.

LE en gaLEgo! Novidades na nosa biblioteca

Xa están dispoñibles na biblioteca do centro as novas adquisicións do EDLG.

 

 

 

Esperemos que desfrutedes con estas lecturas!

Día Internacional da Lingua Materna

O Día Internacional da Lingua Materna foi recoñecido pola UNESCO en 1999 en conmemoración aos incidentes acontencidos na celebración do Día do Movemento da Lingua Bengalí en 1952. O galego e o bengalí comparten a palabra 'xanela' co mesmo significado. Así, que aproveitando as verbas de Moncho Iglesias Míguez no artigo Ekuxei, día da lingua materna, o EDLG do noso centro proponvos unha actividade co lema:

"As linguas son xanelas abertas ao respecto pola diversidade cultural e lingüística."

Club de lectura: O xardineiro dos ingleses de Marcos Calveiro (Segundo encontro)

O venres 19 de febreiro celebrarase o segundo encontro do club de lectura 'O xardineiro dos ingleses' de Marcos Calveiro. Nesta xuntanza abordaremos os catro primeiros capítulos do libro e para iso partiremos das cuestións que se amosan nesta imaxe. 

Club de lectura: Vídeos promocionais

¿Gústache ler? ¿Queres participar no noso club pero non sabes se che gustará o libro?

Aquí vos deixamos un vídeo e unha ligazón a outro que vos serán de gran axuda para unirvos a nós!

'O xardineiro dos ingleses', de Marcos Calveiro: amor, espías e aventurashttps://www.crtvg.es/informativos/o-xardineiro-dos-ingleses-de-marcos-calveiro-amor-espias-e-aventuras-3709159

Booktrailer de O xardineiro dos ingleses

Distribuir contido