Matrícula e Formalización

Matrícula - Alumnado Admitido na Preinscrición

 

CONFIRMACIÓN DA MATRÍCULA DESPOIS DE ASIGNADA UNHA PRAZA NA PREINSCRICIÓN:

  1. Caso de ser admitido, terá unha nova ligazón "Confirmar matrícula" no seu formulario de preinscrición. Prema na ligazón .
  2. A selección dun grupo, unha vez confirmada, non poderá ser modificada nin anulada. O sistema xerará un resgardo por duplicado onde se indica o idioma, curso e grupo seleccionado, así como o día e hora na que se grava a solicitude. A praza queda reservada, pendente de confirmación pola secretría do centro.
  3. Pode consultar nesta páxina a información das taxas correspondentes para que poida efectuar o pagamento.
  4. Unha vez realizado o pagamento, o alumnado deberá presentar na secretaría do centro o resgardo da confirmación de matrícula (por duplicado), a documentación que lle da acceso ao nivel distinto de Básico 1, o resgardo de ter pagado as taxas ou a documentación complementaria que dá dereito a redución ou exención do seu importe, fotocopia do DNI e dúas fotografías tamaño carnet. Nese momento, o centro confirmará a matrícula.
  5. O pagamento e a presentación da documentación na secretaría deberá efectuarse no prazo establecido. A falta de pagamento e/ou presentación de documentación no prazo implica automaticamente a anulación da praza.

Prazos de matrícula e preinscrición. Curso 2018-2019

PREINSCRICIÓN

Comprobe nesta ligazón o detalle de que persoas teñen que realizar preinscrición.

Para todos os niveis de todos os idiomas: dende o 3 ata o 16 de setembro.

A adxudicación de prazas terá lugar o 17 de setembro ás 13:00 e día 18  o alumnado poderá consultar na aplicación web se foi admitido.

IMPORTANTE: as persoas que non obteñan praza serán chamadas para completar vacantes, se as houber

 MATRICULA

XULLO

  • Do 02 ao 10 de xullo, a través de CentrosNET. Alumnado oficial do curso 2017-2018 APTO na convocatoria de xuño de 2018, excepto portugués. Inclúese o alumnado de "That's English!" apto en xuño de 2018 que queira pasar ao ensino presencial no curso 2018-2019 (estes últimos deben contactar coa secretaría da escola previamente).

SETEMBRO

Instrucións de matrícula e preinscrición. Curso 2018-2019

 

A Circular 3/2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se dictan instruccións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas Escolas Oficiais de Idiomas de Galicia para o curso 2018/2019, dispón o procedemento que deben seguir as persoas que desexan cursar estudos nunha EOI no vindeiro curso e establece dúas quendas diferenciadas:

  • persoas matriculadas no curso 2017-2018 que continúan os seus estudos e se matriculan directamente.
  • persoas non matriculadas no curso 2017-2018, que se consideran alumnado novo e deben preinscribirse.

Lea con detimento as instrucións e consulte na conserxería ou na secretaría do centro en caso de dúbida. De non realizar os trámites dentro dos prazos establecidos, perderá o dereito á praza asignada, quedando vacante para ser asignada a outras persoas. Neste caso só poderá matricularse ao finalizar todo o proceso de matrícula, caso de quedaren prazas vacantes.

ALUMNADO OFICIAL MATRICULADO NO CURSO 2017-2018

O alumnado matriculado no curso 2017-2018 que desexa continuar os seus estudos non ten que facer preinscrición. Seguiranse as instrucións do Anexo IV da circular 3/2018:

Distribuir contido