Preinscripción

Curso 2017-2018: Preinscrición

Teñen que preinscribirse as persoas:

  • que se matriculan por primeira vez en nivel básico 1 ou básico integrado de portugués
  • procedente das probas de clasificación
  • con acceso directo a un curso determinado por posuír unha determinada certificación ou titulación (ver accesos directos)
  • que se incorporan ao réxime presencial despois de superar as probas libres.
  • procedentes de traslado de matrícula doutras EOI.
  • antigo alumnado que non estivo matriculado no curso 2016-2017.
  • que renunciaron á matrícula ou lles foi anulada no curso 2016-2017.
  • que desexan acceder aos cursos especializados para o perfeccionamento de idiomas de nivel C1, agás as que estivesen matriculadas neste nivel durante o curso 2016-2017.

NON ten que facer preinscrición o alumnado oficial matriculado no curso 2016-2017, aínda que se presentara ás probas libres do mesmo idioma. O alumnado de That's English! ten a consideración de o alumnado oficial. Debe contactar coa secretaría do centro para poder facilitarle acceso á aplicación.

Tamén pode consultar a normativa: Anexo III da Circular 3/2017 - Procedemento de preinscrición en liña.

Distribuir contido