Oficial

Matrícula alumnado oficial curso 2017-2018

Comence aquí: Guía de matrícula

Tamén pode consultar toda a información de matrícula para o curso 2017-2018 relativa a:

Por favor, lea atentamente a documentación e consulte as súas dúbidas na conserxería ou a secretaría do centro.

Teña en conta que:

  • en período de matrícula, as liñas telefónicas adoitan estar colapsadas.
  • aconsellamos consultar no centro as situacións individuais. Debido ao volume de consultas formuladas por correo electrónico, non é posible reponder todas as consultas inmediatamente.

Cambios de grupo - Prazo de solicitudes

 Quen e como:

  • As persoas matriculadas que estén interesadas en solicitar o cambio de grupo poden facelo dende o seu perfil de CentrosNet.
  • Cada persoa pode formular un máximo de 2 peticións por cada idioma no que esté matrícula.
  • Só se pode pedir cambio de hora. Non é posible solicitar cambio de nivel ou de idioma.

Cando se pode solicitar:

Haberá distintos períodos para solicitar cambios de grupo. O prazo estará aberto:

  • Dende as 14:30 horas do 30 de setembro ata as 9:30 horas do 3 de outubro.
  • Dende as 14:30 horas do 14 de outubro ata as 9:30 horas do 17 de outubro.

Resolución das solicitudes:

  • As solicitudes son atendidas inmediatamente, por orde de petición, na medida que existen vacantes no grupo ao que se desexa acceder.
  • De non haber vacante no momento da solicitude, quedará en espera por se xurdira unha vacante máis adiante e sempre dentro do mesmo período.
  • Recibirá unha mensaxe por correo electrónico confirmándolle a concesión do cambio.

Entrada en vigor do cambio:

Inicio curso 2016-2017

Convida un amigo@

Comezamos o curso de xeito escalonado seguindo este calendario:

  • Luns 19 de setembro: Presentación dos grupos de nivel C1 de inglés, Avanzado 1 e Avanzado 2 de todos os idiomas, na hora de clase de cada grupo.
  • Martes 20 de setembro: Presentación dos grupos de nivel Intermedio 1 e Intermedio 2 de todos os idiomas na hora de clase de cada grupo.
  • Mércores 21 de setembro: Presentación dos grupos de nivel Básico Integrado de Portugués, Básico 1 e Básico 2 de todos os idiomas, na hora de clase de cada grupo.

As presentacións terán lugar no día e hora indicados, ainda que o grupo non teña aulas ese día.

As aulas completas e o servizo de biblioteca comezan o xoves 22 de setembro.

Se aínda non estás matriculado, comproba se hai prazas no teu nivel e matricúlate xa!

 

<-- Clica no cartaz!

Matrícula That's English! 2016-2017

 

O prazo de matrícula para cursar estudos de inglés na modalidade semipresencial That's English! dende o 19 de setembro ata o 28 de outubro.

O centro de apoio administrativo está na EOI de Pontevedra. Teléfono: 886 15 91 21.

Información xeral sobre o programa: www.thatsenglish.com

Na EOI de Vilagarcía impártense titorías para os niveis:

- Básico 1 e 2

- Intermedio 1 e 2

- Avanzado 1 e 2 .

CentrosNet - Acceso e utilidade

Por seguridade, non facilitamos datos de acceso por teléfono ou correo electrónico. Caso de ter dificultades para acceder, pase pola secretaría en horario de atención ao público.

Para acceder, clique na icona de CentrosNet (arriba á esquerda nesta páxina) ou empregue este enlace. A información para alumnado do curso 2016-2017 estará dispoñible a partir do 30 de setembro ás 12:00 horas.

Para identificarse:

  • Nome de usuario: é o seu número de expediente (comeza por 05/... e figura no seu carné de estudante). Tamén pode empregar a súa data de nacemento en formato DD/MM/AAAA
  • Contrasinal: é o número do seu DNI sen a letra. Se ten N.I.E. primeira letra e números (sen a letra final).
  • Contrasinal persoal: creado polo usuario a primeira vez que accede. Consulte nesta ligazón como crear o seu Contrasinal seguro.

Utilidades:

Distribuir contido