Normas de uso

Biblioteca: normas para os usuarios

  1. O horario de empréstimo restrínxese exclusivamente ao que figura na porta de entrada. Cando acabe este horario o alumnado deberalle devolver o libro ao profesor/a que alí estea, aínda que a biblioteca continúe aberta máis tempo.
  2. Non se emprestan a domicilio libros de consulta como dicionarios, enciclopedias e gramáticas ou exemplares únicos, por raros ou antigos. Estes só están disponíbeis para leitura en sala. Os libros que non se poden emprestar a domicilio terán unha marca azul no lombo para distinguilos dos demais.
  3. Ningún/a usuario/a da biblioteca pode retirar ou realizar o empréstimo dun libro, material audiovisual, etc., sen que este quede anotado, para isto deberán presentar o carné da EOI de Vilagarcía de Arousa ou documento identificativo da Asociación de alumnos ou da Biblioteca Municipal de Vilagarcía, nestes dous últimos casos acompañado do DNI ao profesor/a que estea atendendo a biblioteca. (O carné é persoal e intransferible. En caso de perda, solicite un duplicado na administración.)
  4. O período inicial de empréstimos a domicilio será de dúas semanas, podéndose pedir unha prórroga sempre que se solicite antes de que expire o prazo. Poderanse pedir tres obras como máximo.
Distribuir contido